PONTEAREAS
O PP acada o mellor resultado dunhas eleccións autonómicas en Ponteareas desde o ano 2012
Os veciños e as veciñas consolidaron á formación como a primeira forza ao acadar a cifra récord de preto de 5.000 votos
O Partido Popular acada en Ponteareas o mellor resultado dunhas eleccións autonómicas desde o ano 2012 ao lograr situarse preto dos 5.000 votos. Deste xeito, os veciños e as veciñas consolidan aos populares como a primeira formación do municipio grazas ao seu apoio maioritario nos comicios que se celebraron o domingo 18 de febreiro.
O escrutinio final, a falta de coñecer o voto exterior, arroxa o resultado de 4.990 votos para o Partido Popular en Ponteareas, unha cifra récord que non se rexistraba desde as pasadas eleccións ao Parlamento de Galicia do ano 2012. Desta forma, os populares conseguen sumar 1.000 apoios con respecto ao ano 2020, cando Alberto Núñez Feijóo revalidou a súa cuarta maioría.
A alcaldesa, Nava Castro, agradece á veciñanza o apoio que outorgou ao Partido Popular este domingo e indicou que “saben que non os imos defraudar, seguiremos apostando pola política do sentidiño, afastada do barullo e das liortas, centrándonos no coidado dos servizos públicos”. A rexedora apuntou que “teñen a mostra no Goberno municipal que lideramos, achegando solucións e respostas a demandas históricas nos sete meses que levamos de lexislatura”.
Finalmente, Castro sinala que “o domingo 18 foi un día de orgullo e de alegría para todos nós” e agradeceu “o traballo dos interventores e dos apoderados que estiveron traballando arreo durante toda a campaña”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60