O PORRIÑO
O BNG primeira forza no casco urbano do Porriño
O Consello Local do BNG no Porriño reuniuse para valorar os resultados na localidade. O Bloque alcanzou 3.686 votos (34,62%), incrementando en 1.324 papeletas o seu apoio. É dicir, mellorou en 6 puntos porcentuais os apoios obtidos nos comicios do 2020. “O Porriño colaborou no espectacular avance electoral do nacionalismo no conxunto do país. Queremos trasladarlles a nosa gratitude a todas e cada unha das persoas que apoiaron o domingo o BNG. Non lles imos fallar”, sinalou o responsábel local do Bloque, Marcelo Rodríguez.
No casco urbano, o BNG foi a lista máis votada, por diante do PP, alcanzando o 41,18% por cento dos votos emitidos. “Gañamos as eleccións no centro, onde 4 de cada 10 porriñeses e porriñesas escolleron a papeleta do BNG. O noso obxectivo é agora mellorar a nosa presenza no territorio, nas parroquias, de cara a disputarlle a hexemonía electoral e social ao Partido Popular no conxunto do Porriño”, destacou o responsábel local do Bloque.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141