REDONDELA
Rueda salienta o potencial de empresas como Partenón na dinamización do tecido industrial galego
O presidente da Xunta visitou as instalacións da empresa do grupo Sagres en Redondela
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avalou o labor da empresa Partenón como un gran baluarte do tecido industrial galego, xa que “é mostra de Galicia Calidade, que compite en todo o mundo. Partenón é sinónimo de calidade”.
Fíxoo durante a visita que fixo esta mañá ás instalacións desta empresa do grupo Sagres en Redondela. Aí puido observar de primeira man o traballo desta compañía líder no sector do subministro integral de vestiario. Unha visita que dixo que tiña moitas ganas de facer: “comprometín a que en canto pasasen lestes días de tanto voráxine, aquí estabamos”.
O titular do goberno galego destacou a capacidade de innovación e de competitivade da empresa dirixida por Alejandro Marqués de Magallanes, á que destacou como “representante de tantas empresas familiares que hai en Galicia.”
Na súa intervención, Alfonso Rueda quixo poñer en valor o labor da Xunta de Galicia dando axuda a todas as empresas que forman o tecido produtivo autonómico. Así, reiterou o seu apoio para “ofrecer estabilidade, seguridade e confianza para os empresarios que están a investir en Galicia arriscando o seu patrimonio e creando postos de traballo.”
Por último, o presidente da Xunta de Galicia quixo lembrar a figura de Adriano Marqués de Magallanes, fundador de Partenón e pai do actual responsable executivo da empresa, que faleceu o pasado decembro. Rueda destacouno como “a alma máter de todo isto. Quen a empezou e quen a fixo grande, como o é agora”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60