VIGO
Ana Ortiz presidirá a Xunta Xestora do PP de Vigo
O secretario xeral da agrupación, Alberto Fuentes; a deputada electa Marta Mariño; a concelleira Luisa Sánchez; a coordinadora xeral, Montserrat Otero; e militantes como Borja Fontán e Rosa Estévez conforman a proposta trasladada polo PP local, que conta con beneplácito da direccións provincial e autonómica
Ana Ortiz, delegada territorial da Xunta en Vigo en funcións, vai presidir a nova Xunta Xestora do PP na cidade, na que estará acompañada por outros seis membros, entre os que figuran cargos orgánicos e destacados militantes, e que está aberta a novas incorporacións para seguir facendo medrar o proxecto do partido en Vigo.
“Ana Ortiz é unha persoa moi querida, coñecida e recoñecida en Vigo e que destaca especialmente pola súa enorme capacidade de traballo, talento e cercanía, como demostrou ao longo da súa dilatada traxectoria política e, especialmente nestes últimos tempos, nos que está volcada na cidade, polo que cremos que é a persoa idónea para pilotar esta nova etapa no PP local”, significou o presidente provincial, Luis López.
Ademais da presidenta, a Xunta Xestora tamén estará conformada polo secretario xeral da agrupación local e secretario xeral técnico en funcións da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes; a deputada electa do PP Marta Mariño; a concelleira popular Luisa Sánchez; a coordinadora xeral do PP local, Montserrat Otero; e militantes de base como Borja Fontán, que concorreu na candidatura das últimas eleccións municipais, e Rosa Estévez, que é acualmente a presidenta do distrito de Sárdoma.
“Estamos ante un equipo moi preparado, que coñece perfectamente a cidade e que encaixa do mellor xeito con este novo ciclo político en Galicia que se abre tras a primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda, pero ademais este grupo segue aberto a novas incorporacións, porque estamos moi ilusionados e non temos un minuto que perder, así que estamos dispostos a seguir sumando xente que queira defender ao noso partido para acadar canto antes o proxecto gañador que lle queremos ofrecer a Vigo e aos vigueses”, apostillou Luis López, que engadiu que a conformación desta xestora foi proposta polo PP local, e que conta con beneplácito da direccións provincial e autonómica.
Finalmente, o presidente provincial quixo agradecer o “enorme traballo” liderado por Marta Fernández-Tapias, “que indiscutiblemente foi clave para incrementar moitísimo os nosos apoios nas tres eleccións celebradas no último ano, que no seu conxunto foi de 31.400 votos máis e que rematou a súa andina co mellor resultado electoral do PP na última década” e amosou a súa plena confianza en que o novo equipo “seguirá ensanchando a nosa base social e facendo medrar o noso proxecto para os vigueses, que saben que poden confiar no Partido Popular para escoitalos, entendelos e atendelos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22