PROVINCIA
A Xunta remata o itinerario peonil na estrada PO-400 en Arbo
A actuación desenvolveuse ao longo de máis dun quilómetro da estrada, entre os puntos quilométricos 23+400 e 24+600
A Xunta vén de rematar as obras de construción dun itinerario peonil no antigo trazado da PO-400 en Arbo, cun investimento de máis de 1 M€.
A actuación desenvolveuse ao longo de máis dun quilómetro da estrada, entre os puntos quilométricos 23+400 e 24+600.
A senda construída conta cun ancho mínimo de 1,8 metros para garantir os desprazamentos cómodos e seguros dos veciños.
Esta intervención tamén incluíu a mellora do firme da calzada e a súa ampliación ata os seis metros de ancho.
Ademais a Xunta aproveitou esta obra para resolver distintas necesidades constatadas nesa contorna.
Neste sentido, ampliouse o pontón de mampostería coa instalación dunha pasarela para o tránsito peonil; mellorouse o saneamento e o abastecemento de auga coa instalación de tubaxes baixo a senda; e colocáronse novos puntos de luz e dúas paradas de autobús con marquesiñas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60