Domingo, 26 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 22 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PSdeG de Salceda acusa á alcaldesa de "deixadez e falla de responsabilidade" por non respectar os acordos plenarios

O grupo municipal socialista condena a actitude da alcaldesa e do seu equipo de goberno por “botar balóns fora” e "non asumir as súas responsabilidades como equipo de goberno e optar por botar a culpa do sucedido no pleno de onte a todos os grupos políticos".

 

"Se nos referimos á falla de responsabilidade da que nos acusa a alcaldesa, ante a urxencia dos pagos que se realizarían coa aprobación do REC, lembrarlle que esas facturas entraron no concello xa no mes de marzo do ano pasado e ata o de agora non se lembrou o actual equipo de goberno de aliviar a situación de cobro dos provedores deixando pasar case un ano sen resolver s do concello" sinalan dende o grupo socialista.

 

A voceira do grupo municipal socialista Verónica Tourón reiterou a importancia de ter aprobado na súa etapa como alcaldesa, un Plan de Axuste que deixou saldadas todas as débedas cos provedores do concello ata o mes de marzo do ano pasado.

 

Aclarar igualmente que o pleno extraordinario, se a urxencia era tan extrema se puido convocar as 20:30 horas de onte, non pola maña, amén de lembrarlle á alcaldesa que a semana que ven temos de novo pleno ordinario coas súas comisións informativas xa convocadas, no que se pode incluír a aprobación deste Recoñecemento Extraxudicial de Crédito.

 

En relación ás alusións realizadas a Verónica Tourón e ao PSdeG-PSOE  hai que recordar á alcaldesa que na lexislatura anterior non se chegou a aprobar ningún acordo plenario que obrigase a convocar os plenos extraordinarios en horario de tarde e lembrarlle que á hora de enfrontarse aos gastos, todos eles son do concello, non se pode distinguir os gastos segundo a área de goberno ou concellería ao que pertencen.

 

“A actitude da actual alcaldes supón non só unha falta de respecto aos concelleiros e concelleiras da corporación municipal, senón tamén unha burla á veciñanza que nos outorgou a representación nas urnas”, Verónica Tourón.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.