Galicia
A Xunta activa alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta informa que foi activada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral galego.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), prevé-se que o fenómeno meteorolóxico adverso estea presente desde esta madrugada ao noroeste da Coruña e na Mariña lucense, estendéndose ás primeiras horas da xornada de mañá ao oeste do litoral coruñés, onde se anticipan ondas de ata 8 metros e ocasionalmente ventos de forza 8, alcanzando ata 74 quilómetros por hora. Ademais, agárdase que ao avanzar o día, o nivel de alerta laranxa tamén afecte ao suroeste da Coruña e á provincia de Pontevedra, tanto ás Rías Baixas como á zona do Miño.
Por razóns de seguridade, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, en colaboración co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, comunicou esta situación aos concellos das provincias afectadas, así como ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, e aos clubs náuticos, entre outros.
A Xunta lembra a importancia de evitar achegarse á liña de costa, incluíndo diques, rompentes e paseos marítimos, así como extremar as medidas de seguridade durante calquera actividade no mar. Recoméndase revisar os cabos e amarres das embarcacións.
Para información actualizada, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), onde se poderá atopar información meteorolóxica detallada e ligazóns de interese.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158