---SUSPENDIDO---
O Entroido 2024 está á volta da esquina e a vila está preparada para celebralo con todo o seu esplendor. Este sábado, 24 de febreiro de 2024, ás 18:00 h, as rúas da vila serán escenario dun espectáculo colorido e festivo co Desfile de Comparsas.
O punto de encontro será no cruzamento do IES Pino Manso, dende onde as comparsas comezarán a percorrer as rúas, levando consigo alegría e diversión para todos os asistentes.
Para amenizar a tarde, contaran coa participación das seguintes charangas: Charanga SDK, Charanga Noroeste, Charanga Vai de Baile e Latexo Percusión. Estas talentosas agrupacións musicais prometen encher as rúas co seu ritmo contagioso e facer que o público non poida evitar botar un baile.
O desfile de comparsas é unha das actividades máis esperadas do Entroido, onde veciños e visitantes poderán desfrutar dun ambiente festivo e participativo. Non perdas esta oportunidade de vivir o Entroido ao máximo e unirse ao desfile este sábado ás 18:00 h nas rúas da nosa vila.
Tatuajes y piercings
Guía de Servicios y Trámites | Concello do Porriño | Xornal21
Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA - ACIPOR
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.