PROVINCIA
A Deputación abre este venres no Palacete das Mendoza a exposición “Pasión por la pintura” de Luis Rivas
A mostra, na que o artista pontevedrés e ex futbolista profesional fai a súa interpretación do vangardismo histórico e da clásica École de Paris, poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o 10 de marzo
A Deputación de Pontevedra abre ao público este venres, 23 de febreiro, a exposición “Pasión por la pintura”, do artista pontevedrés Luis Rivas. Na mostra, o tamén ex futbolista profesional fai a súa interpretación do vangardismo histórico e da clásica École de Paris cunha linguaxe propia. A exposición, que se poderá visitar ata o 10 de marzo, presenta pintura de base xeométrica a través de estruturas paisaxísticas arquitectónicas, construcións utilizadas en grandes espazos e un rico cromatismo para, deste xeito, renovar a mirada de artistas como Mondrian, De Chirico ou Léger.
Rivas comezou no mundo da pintura no estudio do pintor tamén pontevedrés Manuel Aramburu, actividade que complementou máis adiante nos corredores da facultade de Belas Artes, concretamente nas clases e nas materias das pinturas vangardistas de finais do século XIX e principios do XX, xunto co profesor Antón Castro. Tras pasar por unha primeira etapa figurativa e apuntar cara a abstracción e a cor, actualmente os seus traballos en óleo buscan a beleza, a harmonía en formas e espazos diferentes, sempre marcando unha linguaxe propia.
“Pasión por la pintura”, esta selección das obras de Luis Rivas que acollerá a partir deste venres o Palacete das Mendoza, pode visitarse ata o 10 de marzo de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas, sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas e domingo de 10:00 a 14:00 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188