TURISMO
A Xunta destaca o papel da festa da Arribada como reclamo turístico fóra de temporada alta
O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, participou hoxe en Baiona na presentación da nova edición da Festa da Arribada, onde puxo de manifesto a crecente contribución que esta festividade está a ter como reclamo e atractivo turístico fóra de temporada alta. Como explicou, “celebraciónscomo esta ocupan un lugar destacado no modelo turístico da Xunta para afondar nesa desestacionalización na que vimos traballando durante os últimos anos”.
Neste sentido, recordou que en 2023 déronse pasos importantes “ao ser quen de reducir a estacionalidade con importantes incrementos dun 6% en temporada media e dun 12% en temporada baixa”. Salientou, ademais o papel da Festa da Arribada como unha das 15 de Interese Turístico Internacional e animou a participar nas actividades que se celebrarán do 1 ao 3 de marzo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129