Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 25 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destina preto de 1,7 millóns de euros para que dez concellos da provincia contraten a 101 persoas

Trátanse de recursos do Plan +Provincia dos que se benefician Gondomar, A Guarda, Meis, Mos, Ponte Caldelas, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Salvaterra e Vilanova

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 1,7 millóns de euros para que dez concellos da provincia contraten a 101 persoas, afronten gasto corrente e impulsen novos investimentos ao abeiro das liñas 1, de investimentos, 2, de gasto corrente, e 3 de emprego do Plan + Provincia. Benefícianse destes recursos Gondomar, A Guarda, Meis, Mos, Ponte Caldelas, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Salvaterra e Vilanova. “Seguimos sumando, tendendo pontes, transformando esta provincia para que vaia máis e os datos son claros: no que vai de ano ao abeiro do Plan+Provincia, o programa que está a transformar como nunca antes se fixera Pontevedra, temos aprobado xa 6 millóns de euros para os concellos”, asegurou o presidente Luis López.

 

 

No marco da liña 3, de emprego,  a Xunta de Goberno aprobou 1,3 millóns de euros para que os concellos de Gondomar, A Guarda, Meis, Mos, Ponte Caldelas, Ponteareas e Salvaterra de Miño poidan contratar a 101 persoas desempregadas.  “Ata o de agora aprobáronse preto de 5,4 millóns de euros para que 34 concellos contraten a 443 persoas desempregadas o que supón que en menos dun mes e medio temos xa aprobado o 58% desta liña”, detallou o presidente.

 

Deste xeito, Ponteareas recibirá 236.883 € para contratar a 16 persoas desempregadas que traballarán como peóns de medio ambiente (8), monitores (3), técnico de xestión (1), auxiliar administrativo (1), condutor palista (1), peón de vías e obras (1) e técnico de protocolo (1). No caso de Tomiño serán 224.461 € para 18 persoas que se encargarán de executar tarefas de recollida de lixo (3), peóns forestais (2), condutores (2), oficiais albaneis (2), varredores (2), técnico de turismo (2), monitor sociocultural (1), fontaneiro (1), peón de limpeza (1), cobrador (1) e bibliotecario (1). E Gondomar beneficiarase de 213.838 € para contratar a peóns de obras públicas (7), administrativo (1), auxiliar administrativo (1), condutor de camión (1), palista (1) e tractorista (1).

 

Pola súa banda Mos destinará 182.003 euros para que 12 persoas desempregadas traballen como peóns forestais (8), peóns de construción (3) e oficial 2º de albanel (1); A Guarda beneficiarase de 171.520 € do Pla +Provincia para contratar a 12 persoas desempregadas para desempeñar postos de traballo como peóns limpadores (11) e ordenanza (1); Ponte Caldelas 124.527 € para 23 persoas que se ocuparán da conservación de parques urbanos (15), mantemento da rede de sumidoiros (4), condutores de maquinaria (2), operario (1) e administrativo (1); e Meis destinará 108.573 da liña 3 do Plan +Provincia para contratar a 8 traballadores como peóns de obras públicas (3), peón forestal (1), fontaneiro (1), pintor (1), electricista (1) e albanel (1).

 

No caso da liña 2, de gasto corrente, o presidente da Deputación informou que a Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar 262.000 euros para os concellos de Mos, O Porriño e Vilanova de Arousa. En concreto ao Porriño diríxense 91.184 euros para o apoio e reforzo escolar de menores en desvantaxe (43.554 €), para accións de formación académica a familias en risco de exclusión social (18.959€) e para o programa “Tempo para nós” de dinamización de persoas maiores (28.691€). Pola súa banda a Mos destínanse 90.000 euros para o servizo de desbroce, limpeza de cunetas e marxes de camiños municipais, e para Vilanova de Arousa 80.465 € para a conservación da rede viaria municipal. Con estes recursos, son xa 500.000 os euros destinados a cinco concellos da provincia ao abeiro da liña 2 do Plan +Provincia.

 

Ademais, a Xunta de Goberno da Deputación estreou a liña 1, de investimentos, cunha achega de 166.000 € destinada a Redondela para a obra de substitución de céspede artificial no campo de fútbol de Chapela. Trátase dunha actuación que ascende a 330.118 € e que será financiada ao 100% polo organismo provincial xa que a estes recursos do Plan+Provincia hai que engadir outros 163.615 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que tamén se aprobaron na Xunta de Goberno desta semana.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.