Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 25 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O concello pon en marcha a estrateixa Ponteareas 2030 para captar fondos europeos

O obxectivo é mellorar a vida da veciñanza desde unha perspectiva social, cultural, económica e ambiental

O Concello pon en marcha a Estratexia Ponteareas 2030 que posibilitará á administración local captar fondos europeos de recente creación e avanzar na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, aprobados pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas. A finalidade desta iniciativa é mellorar a vida da veciñanza desde unha perspectiva social, cultural, económica e ambiental.

 

 

Desta maneira, a administración local inicia un proceso de elaboración e posta en marcha dunha estratexia propia que, seguindo as metodoloxías establecidas pola Axenda 2030 Local e a Axenda Urbana Española, posibilitará o avance do municipio cara a consecución de metas como o saneamento, a enerxía non contaminante, industria e innovación ou unha produción e consumo responsables, entre outras cuestións transcendentais para o día a día dos veciños e das veciñas.

 

A edil encargada da área, Silvia Fernández, apunta que con “esta estratexia Ponteareas 2030 colocará ao municipio nunha situación privilexiada á hora de poder conseguir financiamento externo, principalmente proveniente de fondos europeos como é o caso do programa para o despregamento de Estratexias Territoriais Integradas” e indica que “con esta iniciativa traballarase en retos relacionados co eido social, económico e ambiental”.

 

Neste sentido, o grupo de goberno levará ao próximo pleno municipal unha declaración institucional co obxectivo de amosar o apoio a este instrumento estratéxico que busca a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible cos que se conseguirán unha contorna que evoluciona para ser cada vez máis sostible e inclusiva.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.