Domingo, 08 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 08 de Marzo de 2026 a las 09:06:19 horas

Xornal21.es
Sábado, 24 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os mozos e mozas do Porriño renden tributo a Rosalía de Castro

Na xornada, organizada polos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de secundaria en colaboración co Concello, presentouse a campaña Aquí tamén se fala

Os mozos e mozas do IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPR Santo Tomás e CPR Hermanos Quiroga, renderon onte tributo a Rosalía de Castro, referente da literatura galega.

 


No acto organizado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros de secundaria, en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística do Concello do Porriño, cada centro destacou no seu manifesto a importancia desta autora e de conmemorar este día.


Dende o colexio Hermanos Quiroga destacaron que “Rosalía é xustiza, dor pero tamén liberdade” e por iso hoxe quixeron “proclamar que imos vencer as negras sombras e construír un mundo mellor. E imos facelo da man valente, galega e en galego. Porque tal e como a nosa musa soñaba, outro mundo é posible”.


No mesmo sentido se manifestaron  dende o IES Pino Manso reflexionando “sobre a importancia da muller galega que tan ben puxo de manifesto a nosa autora na súa obra. Ela observadora, sensible e afectada polos problemas que como muller padeceu e viu padecer, e cos que se solidarizou e denunciou, puxo de manifesto a presenza pública das mulleres que sempre estaban, pero nunca aparecían”.


Rosalía alzouse tamén como unha defensora da lingua galega, tal e como recordaron dende o IES Ribeira do Louro lembrando que “a súa pluma delicada e potente, enriquecida coa beleza da nosa fala deu voz á alma do noso pobo”. Máis, como indicaron, “a contribución de Rosalía non se limita á defensa da lingua puxo en valor a nosa crítica tradición cultural e literaria. Hoxe en cada un dos seus versos sentimos a súa paixón, a súa forza e a súa sabedoría”.


Pola súa banda, dende o CPR Santo Tomás puxeron en valor á que consideran “unha heroína, que salvou o galego de desaparecer da escuridade dos séculos escuros, un faro que alumeou ao noso pobo. Rosalía logrou sacudir os cimentos da sociedade decimonónica na que lle tocou vivir, a pesar de pertencer a unha época na que ser muller era prácticamente unha maldición. Por xente como Rosalía debemos sentirnos orgullosos das nosas terras, costumes e historia”.


Para rematar os manifestos, fixeron unha petición ao Concello do Porriño: que a Biblioteca Municipal leve o nome de Rosalía de Castro.


A festa non terminou aí e comezaron as actuacións de Laura, o cantautor Antón Ke e os recitais poéticos. Tamén se presentou a campaña de dinamización “Aquí tamén se fala” e finalizou disfrutando todos e todas xuntos dun caldo quentiño de gloria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.