Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 27 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis de 60.000 € para que 14 estudantes de FP completen a súa formación no estranxeiro

Son alumnos de Cambados, A Illa de Arousa, Tui, Redondela, Pontevedra e Vilagarcía e realizarán estadías de entre tres e seis meses en Portugal, Italia, Malta, Irlanda e República Checa

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar destinar ata 63.177 euros para que 14 graduados en ciclos medios de Formación Profesional da provincia poidan realizar prácticas laborais en empresas e institucións europeas, facilitando desta maneira a súa inserción laboral. Trátase da primeira mobilidade do programa Erasmus+ 2023, que conta cun orzamento total de 1,4 millóns de euros, dos que o SEPIE (o Servizo Español para a Internacionalización da Educación) aporta 1,2.

 

 

Estes 14 estudantes, que comezarán as súas prácticas europeas no mes de marzo, viaxarán a Portugal, Italia, Malta, Irlanda e República Checa para completar a súa formación, en estadías que terán unha duración de entre tres e seis meses. Como explicou o presidente provincial, Luis López, “as axudas varian en función do país de destino e da duración da mobilidade, e van desde algo máis de 3.500 euros ata preto de 8.000”. En concreto, trátase de alumnos cinco alumnos do IES Francisco Asorey de Cambados, tres do IGAFA na Illa de Arousa, dous do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, un do IES Pedro Floriani de Redondela, dous do IES A Xunqueira I de Pontevedra e un do IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía de Arousa. En canto aos seus estudos, realizaron ciclos de FP de xestión administrativa, operacións subacuáticas e hiperbáricas, cultivos acuícolas, actividades comerciais, operacións de laboratorio e sistemas microinformáticos e redes.

 

Con estas bolsas a Deputación de Pontevedra pretende proporcionarlles apoio económico para facer fronte aos gastos de aloxamento, manutención, viaxe e transportes locais derivados da realización destas prácticas que buscan facilitarlles a transición ao mercado laboral. Deste xeito, as persoas participantes poden reforzar con estas estadías no estranxeiro as competencias vinculadas ao seu perfil profesional e adquirir experiencia, mellorando así as súas expectativas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.