Nigrán
Nigrán traslada o seu tradicional enterro do kiko ao sábado 2 de marzo
Concello de Nigrán traslada finalmente o seu tradicional enterro do kiko previsto para o pasado domingo ao sábado 2 de marzo ante o parte meteorolóxico adverso. O evento máis característico do entroido nigranés, realizado grazas ao Centro Cultural Parada do Miñor, terá lugar a partir das 18:00 horas coa saída desde o Auditorio Municipal da comitiva fúnebre cara o Torreiro de Parada para ser velado nunha cerimonia fúnebre oficiada polo pregoeiro Antonio, quen divertirá coas súas coplas elaboradas cada ano ex-profeso. Despois terá lugar a procesión polo barrio da Igrexa e a queima.
Esta peculiar celebración naceu en Parada da man do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor como alternativa ao típico ‘Enterro da Sardiña’, xa que a parroquia non ten mar pero si presume de múltiples galiñeiros con "kikos" (ata o punto de que esta ave representa á entidade). Ao longo dunha década de vida foi adquirindo sona na localidade e, o que comezou como unha festa entre veciños, é hoxe en día un evento distintivo do entroido nigranés ao incluír o Concello hai oito anos a saída da comitiva desde o Auditorio Municipal e co kiko tirado por un carro de bois (nesta edición os bois non poderán estar).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60