Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 28 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Sporting Club San Mateo contará cun campo de céspede artificial

A administración local vén de asinar un convenio coa Real Federación Galega de Fútbol, que colabora achegando o proxecto

O Concello dá resposta a unha demanda histórica ao dotar dun campo de céspede sintético ao Sporting Club San Mateo, referente no deporte feminino. Na actuación, colabora a Real Federación Galega de Fútbol achegando o proxecto coa firma do convenio no que participaron a alcaldesa, Nava Castro, o tenente da alcaldesa, Juan Carlos González e o edil de Deportes, Luís Rodríguez así como Rafael Louzán e Fernando Iglesias, presidente e vicepresidente da RFGF respectivamente, xunto co presidente do Club, Juan Castro.

 

 

Con esta firma de convenio, no que a Real Federación Galega de Fútbol encárgase do proxecto para construír o campo de céspede artificial búscase que as xogadoras conten cunhas instalacións modernas e eficientes á hora de desempeñar a súa actividade.

 

Deste xeito, o Concello pon en valor a historia do club e o seu traballo a prol do deporte feminino ao conseguir a colaboración da Real Federación Galega de Fútbol e segundo indicou o edil de Deportes, Luís Rodríguez, “este acordo é froito da xestión que realizamos desde a concellería e permitirá que as xogadoras conten cunhas mellores condicións” e apuntou que “ a administración local ten que achegar solucións ás necesidades dos clubs polo que tiñamos claro que unha das primeiras medidas era traballar arreo para acadar estes acordos”.

 

Pola súa banda, o tenente de alcalde, Juan Carlos González, apuntou que “era o momento de recoñecer os máis de 30 anos de historia deste club con feitos e non con promesas” e puxo en valor o traballo realizado posto que “no primeiro ano de goberno amosamos o noso compromiso co deporte da vila, co noso deporte”.

 

Finalmente, a alcaldesa, Nava Castro, indicou que “o Sporting Club San Mateo leva o nome da vila ao longo da comunidade e, como non podía ser doutro xeito, a administración local sitúase ao seu carón para dotalo dunhas instalacións máis modernas e eficientes”. Ademais, apuntou que “trátase dunha entidade que fomenta o deporte desde diferentes idades, coas súas diferentes categorías, polo que realizan un importe labor no conxunto da vila”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.