Lunes, 09 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 09 de Marzo de 2026 a las 20:17:03 horas

Xornal21.es
Martes, 27 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño extenderá a rede de saneamento para dar servizo a 300 veciños de Budiño

Acometerá 4 km de rede para conectar unhas 100 vivendas en Benunes e Eiriz. O proxecto está só a espera dos pertinentes permisos sectoriais para a súa licitación

O Concello do Porriño invertirá máis de 1 M de euros na conexión integral da parroquia de Budiño. Ás obras de extensión da rede no Picouzo, que dará servizo a 29 vivendas e ao colexio,  sumaranse as dos barrios de Benunes, Eiriz, Rozadas, e parte da Vacaría e Mantelle.


En total, executaranse 4 km de rede e unhas 100 acometidas, o que permitirá que máis de 300 veciños/as da parroquia dispoñan de conexión a este servizo.  


As concellerías de Vías e Obras e Urbanismo contan xa co proxecto e están só a espera das pertinentes autorizacións sectoriais, xa solicitadas, para proceder á licitación destes traballos.


A inversión para levar a cabo estas actuacións ascende a 538.529 euros no caso de Benunes e 345.000 no de Sobral – Eiriz.


“Trátase dun dos proxectos de saneamento máis importantes, non só pola inversión que require senón polo número de vivendas que abastecerá. O noso compromiso coa execución do saneamento integral é firme, na parroquia de Budiño e en todas as parroquias do municipio”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Traballamos para axilizar todos os trámites e axilizar a nosa folla de ruta todo o posible, sabemos cales son as necesidades, temos os proxectos e sabemos da urxencia que teñen para a veciñanza. Por iso son e serán sempre prioritarios”.


Unha vez rematen estas obras estará conectado o 90% da parroquia de Budiño, quedando só por executar tres proxectos xa redactados que  beneficiarán a 180 veciños máis:  o da Arrotea, cun orzamento de 180.000 euros, o do Cerquido con 80.000 euros e en Rega da Lama por 80.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.54

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.