VIGO
A Xunta ultima as obras da 1ª fase da humanización da avenida de Galicia de Vigo
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, supervisou onte esta intervención na estrada PO-323 en Teis, subliñando tamén o avance das obras da 2ª fase, entre o Instituto e o límite municipal con Redondela, cun investimento de 4,1 M€
A Xunta ultima as obras da 1ª fase de humanización da avenida de Galicia de Vigo, en Teis, que supuxeron un investimento de 2,5 M€ e que se completarán cun novo aparcadoiro que se poñerá en servizo en maio.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, supervisou o resultado dos traballos executados nun treito de 500 metros da estrada autonómica PO-323, entre o cruce coa avenida da Mariña Española e o IES de Teis.
Vázquez Mourelle subliñou que a axilidade na execución das obras permitiu adiantar o seu remate, inicialmente previsto para a primavera, e poñer xa á disposición dos veciños de Teis unha avenida de Galicia “máis accesible, humana e segura”, a falta só de remates.
As obras desta primeira fase consistiron en mellorar e ampliar ata os 2 metros as beirarrúas en ambas as marxes, adoptar medidas de calmado do tráfico, habilitar zonas verdes, renovar o firme, tanto da PO-323 como da Baixada aos Ríos, dotar a vía de nova iluminación e reforzar a sinalización.
Ademais, instalouse unha nova varanda e repúxose o muro de peche para acadar unha maior integración coa contorna na zona do Camiño Portugués.
Destaca, especialmente, a construción dunha glorieta na intersección da vía autonómica coa avenida da Mariña Española pola que se accede á ETEA, co obxectivo de garantir movementos máis seguros e fluídos. Ademais, mellorouse, tamén, o acceso ao IES de TEIS e ao centro de saúde.
A conselleira remarcou o esforzo realizado durante as obras para atender as demandas dos veciños, garantindo as prazas de aparcadoiro, con intervencións para o calmado do tráfico e o fomento dunha mobilidade a pé máis sustentable e segura.
De acordo coas achegas trasladadas durante o proceso de información pública do proxecto, desprazouse a zona de aparcadoiro prevista inicialmente fronte ao Centro de Saúde ata a parcela contigua ao IES de Teis, onde se habilitaron 38 prazas. Ademais, decidiuse manter as prazas de estacionamento.
Atendendo, tamén, unha petición dos veciños, a Xunta vai ampliar as intervencións previstas nesta 1ª fase de humanización coa habilitación dun novo aparcadoiro á altura da subida Paraixal que disporá de 17 novas prazas e que require expropiar dúas parcelas máis.
A previsión é que o novo aparcadoiro estea en servizo no mes de maio, de forma que, en total, a 1ª fase da humanización da avenida de Galicia poña á disposición dos veciños de Teis 55 prazas de aparcadoiro.
Segunda fase a pleno rendemento
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade informou de que a segunda fase da mellora da avenida de Galicia está xa a pleno rendemento nun treito de algo máis de 1,5 km, entre o IES de Teis e o límite do termo municipal de Vigo co de Redondela. Nesta 2ª fase a Xunta está a investir 4,1 M€.
As obras, que comezaron no outono, están en torno ao 10% de execución e teñen tamén como obxectivo mellorar a mobilidade interna na cidade, con conexións coa trama urbana de beirarrúas xa existentes e con itinerarios alternativos, para priorizar o tránsito dos peóns.
A conselleira explicou que nesa segunda fase está previsto, igual que na primeira, garantir as zonas de aparcamento, gañando 75 con respecto ás 198 actuais, o que supón incrementar un 38% as prazas de estacionamento, que se espera que poidan estar en servizo xa a finais de marzo.
Ethel Vázquez subliñou que a Xunta traballa con poñer á disposición dos veciños de Teis a reforma integral da PO-323 a comezos do vindeiro ano, cun investimento autonómico total de 6,6 M€.
As actuacións están financiadas con fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGeneration-UE.
A conselleira tamén destacou que con estas intervencións e a da mellora da mobilidade peonil e ciclista no borde portuario da cidade, xunto coas actuacións levadas a cabo nos últimos anos, o investimento en melloras na rede de estradas da Xunta en Vigo supera amplamente os 30 M€.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58