PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Rotundo apoio do voto exterior a Alfonso Rueda na provincia
O presidente provincial amosa a súa satisfacción despois de que o reconto do CERA lle outorgara aos populares un respaldo final do 44,04% do total de votos válidos emitidos, “o que consolida o mellor resultado obtido na nosa circunscrición nos últimos quince anos”
O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, valorou esta mañá o resultado final das eleccións autonómicas do pasado 18 de febreiro despois de que culminara o reconto do CERA e o escrutinio xeral e destacou o “rotundo apoio” do voto exterior ao presidente Alfonso Rueda nesta circunscrición, o que permitíu apuntalar a vitoria dos populares superando o listón dos 230.000 votos.
En concreto, o PP engadíu na provincia un total de 3.609 papeletas dos electores do CERA ao resultado obtido hai oito días, o que lle confire un resultado final de 230.245 votos, que supón o 44,04% dos sufraxios válidos emitidos. “Xa estabamos moi satisfeitos do 43,97% e once deputados acadados na noite electoral, pero é certo que, aínda que pareza anecdótico, a lixeira suba cos votos da emigración, permitindo que superaramos o listón do 44%, supón outro motivo máis de ledicia”, manifestou Luis López.
O tamén presidente da Deputación de Pontevedra, que agradeceu o respaldo dos electores do exterior da provincia tras conceder un 48,95% e superar lixeiramente o nivel de apoio dos residentes presentes, recalcou que todos estes datos, xa definitivos, “veñen a consolidar e reforzar o magnífico resultado que a candidatura encabezada por Alfonso Rueda acadou na súa provincia e que, como xa dixemos, é o mellor dos últimos quince anos”.
Luis López tamén concretou que o voto do CERA permitíu aumentar as distancias cos demais partidos políticos, xa que, agora si, xa se rebasan os 50.000 votos de diferenza co BNG e practicamente se triplican os do Partido Socialista, que se sitúa máis de 153.000 papeletas por debaixo dos populares.
“Hoxe que remata todo este proceso electoral co escrutinio xeral hai que volver a agradecer infinitamente o traballo dos membros da candidatura, dos alcaldes, voceiros e concelleiros, dos militantes e simpatizantes, dos apoderados e dos interventores, un equipazo de máis de 4.000 persoas da nosa provincia que foi fundamental para a primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda e para este terceiro éxito consecutivo no último ano, configurando un proxecto lanzado e en ascenso que vai incrementando un 4% en cada cita electoral, tal e como demostrou desde as pasadas eleccións municipais”, concluíu o presidente provincial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60