Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 29 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas estrea ordenanzas que permite á veciñanza un 95% nos impostos do IBI e do ICIO

A medida busca impulsar o desenvolvemento sostible e o estímulo de actividades que resultan clave para a vila

O Concello informa de que xa están en vigor as ordenanzas municipais que permiten bonificar nun 95% o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO). Desta redución, beneficiaranse propietarios de vivendas así como organizacións culturais sociais e deportivas. A medida levada a cabo polo equipo de goberno buscar impulsar o desenvolvemento urbano sostible e o estímulo de actividades que resultan clave para a vila.

 

 

No caso do IBI, os centros culturais non municipais contan cunha dedución no pago deste imposto dun 95%. Ademais, beneficiaranse de igual maneira desta bonificación as persoas propietarias que poñan a disposición os seus portais para levar a cabo as tarefas que require a festividade do Corpus Christi. O obxectivo é dar resposta ás solicitudes do colectivo alfombrista.

 

En canto ao ICIO, a redución do 95% beneficiará á veciñanza que posúa propiedades con máis de 75 anos de antigüidade e ás persoas que conten con propiedades localizadas nas zonas pertencentes á Área de Rehabilitación Integral. Tamén se deduce un 95% as obras que se leven a cabo nas instalacións que forman parte de colectivos sociais culturais e deportivos.

 

Estas bonificacións favorecen, á vez, a construción do novo centro de saúde proxectado no municipio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.