SOLIDARIOS
Aberto o prazo de candidaturas para os Premios Solidarios do Grupo Social ONCE Galicia 2024
Até o próximo 26 de abril
O Consello Territorial da ONCE en Galicia convoca os Premios Solidarios do Grupo Social ONCE Galicia 2024. Ábrese o prazo de presentación de candidaturas, que finalizará o próximo 26 de abril. Estes premios solidarios son a máxima distinción que concede o Grupo Social ONCE a nivel autonómico, cuxo obxectivo é recoñecer ás persoas físicas ou xurídicas que destaquen polo seu labor solidario na súa contorna de influencia.
A edición deste ano realizarase baixo o título “ASÓMATE Á SOLIDARIEDADE”, situando aos espectadores ante un contratempo. Estes serán apelados polo Grupo Social ONCE a traballar unidos, para a súa resolución. Porque non hai problema o suficientemente grande que nos impida conseguir o noso obxectivo de ser solidarios.
A convocatoria establece cinco categorías de premios:
Unha primeira destinada á institución, organización, entidade ou ONG que destacara pola súa sensibilidade social durante o pasado ano ou polo súa longa traxectoria ou dedicación en favor dos dereitos sociais das persoas máis desfavorecidas. A segunda categoría premia ao programa, artígo ou proxecto de comunicación (televisión, radio, prensa escrita e prensa dixital), que sobresaíra por ocuparse, de forma destacada, de acontecementos de especial transcendencia en calquera materia de interese social coincidentes cos valores esenciais do Grupo Social ONCE e coa filosofía que impregna a Economía Social e os obxectivos do Terceiro Sector.
Unha terceira categoría concederase á persoa física de Galicia que destaque pola súa longa traxectoria e dedicación solidaria, indistintamente do colectivo no que está implicado/a, que loite por gañar un lugar na sociedade. Un cuarto premio é para a empresa, preferentemente do ámbito da economía social, sen participación na súa propiedade ou dirección por parte de entidades pertencentes ao Grupo Social ONCE, e que contribuíra de maneira significativa á promoción e inclusión laboral de persoas en risco de exclusión social.
Finalmente, o quinto premio concédese a un estamento da Administración Pública que destaque por desenvolver programas e proxectos continuados nos seguintes campos: prevención da discapacidade, a rehabilitación e a inclusión, a accesibilidade universal en tódolos ámbitos e a supresión de barreiras físicas, da comunicación e mentais que favorezan aa igualdade de oportunidades para todos e todas.
Desde hoxe, ábrese o prazo de presentación de candidaturas, que finalizará o venres 26 de abril de 2024. As candidaturas serán públicas e abertas, e poderán propoñelas calquera persoa física ou xurídica. Deberán envialas aos seguintes enderezos electrónicos csd@once.es ou cfla@once.es , ou por correo postal a: Secretaría do Consello Territorial da ONCE en Galicia. R/ Cantón Grande, 3. 8ª planta- 15003 A Coruña.
As bases da convocatoria están na web da ONCE e tamén se poden solicitar poe email a csd@once.es e cfla@once.es
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, faranse público o fallo do xurado entre o 6 e o 10 de maio. O Xurado estará presidido polo presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia e formarán parte do mesmo o delegado, un conselleiro xeral da Organización e representantes da Administración, do ámbito da discapacidade, do Terceir Sector, da economía social e da comunicación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129