Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 29 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Concello lémbralle ao subdelegado do Goberno que está pendente a obra de mellora da seguridade na N120

O goberno municipal fíxolle entrega tamén dun documento con peticións de mellora na estrada ao seu paso pola parroquia de Arcos

O Concello agradece ao subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, a visita que realizou esta semana á Nacional 120 ao seu paso polo municipio para comprobar a instalación dun semáforo de peóns. Con todo, a administración local lémbralle a necesidade de que o Ministerio de Transportes e Mobilidade cumpra coas súas responsabilidades e acometa a obra completa de mellora da seguridade viaria da estrada.

 

 

Ademais, durante a visita a concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández e a alcaldesa, Nava Castro, indicaron as principais alegacións que se presenta de forma consensuada coa veciñanza ao proxecto de mellora de seguridade viaria da N-120 do Goberno central e lle fixeron entrega dun documento no que se recolle varias peticións para actuar na estrada ao seu paso pola parroquia de Arcos.

 

Neste sentido, o goberno municipal vén de levar ao pleno municipal as 15 alegacións que buscan corrixir aspectos do proxecto que non teñen en conta as necesidades das persoas afectadas. É o caso da comunicación das parroquias co casco urbano, as paradas de autobús ou a demolición dunha casa habitada por unha familia.

 

A edil de Urbanismo, Silvia Fernández, indica que “polo de agora só temos a obra nun papel, nun documento complementario. O Goberno central aínda non foi quen de explicar cando se van a comezar as obras nin cando se incluirán nos orzamentos do Estado”. Ademais, lembra que “foi en novembro de 2023 cando anunciaron que se licitarían e aínda non o fixeron”.

 

A alcaldesa, Nava Castro, apuntou que “agradecemos a visita do subdelegado do Goberno, Abel Losada, á Nacional 120 pero o certo é que levamos moito máis tempo agardando para que o Goberno central cumpra coas súas responsabilidades e execute as obras que si garantan a seguridade viaria desta estrada”.

 

A rexedora indicou que “desde o Concello apostamos pola cooperación entre as administracións para conseguir mellorar a vida dos veciños e das veciñas” e puxo en valor o traballo que realizou o equipo de goberno posto que “a nosa parte está feita, acompañamos, informamos e redactamos de forma conxunta coas persoas afectadas as alegacións é a quenda agora de que este proxecto, que depende do Ministerio, non quede nunha cortina de fume”. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.