O PORRIÑO
Scalextric de primeiro nivel no Porriño
O 1 e 2 de marzo disputarase na vila o European RallySlot Legend, unha proba organizada polo Slot Club Porriño coa colaboración do Concello do Porriño
Esta fin de semana disputarase na vila do Louro a primeira proba en Galicia do Campionato Legend patrocinado pola marca SRC, que será puntuable por primeira vez para o European RallySlot Legend. Unha proba que discorrerá esta fin de semana, o venres 1 e o sábado 2 de marzo, organizada polo Slot Club Porriño en colaboración co Concello do Porriño.
“É toda unha honra para O Porriño ser sede dunha das probas deste campeonato e isto é posible grazas ao Slot Club Porriño, que foron quen de posicionarse como un club de referencia nesta disciplina e achegar á mesma a moitos porriñeses que a descoñecían”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
O rexedor, xunto co presidente do club, Jorge Romero e o piloto Bruno Romero, presentou hoxe o Rally que enfrentará a máis de corenta pilotos chegados dende toda a xeografía galega e norte de Portugal. Estarán presentes os mellores pilotos do Slot Club Porriño, que veñen de colleitar o título galego de Escuderías na pasada edición deste campeonato, así como o segundo posto na categoría Grupo B e en Master 50. Para a ocasión contarán con rivais dos clubes de Barbadás, Braga, Lucus e Narón entre outros, que virán ao Porriño con ganas de vencer aos rápidos pilotos locais. Bruno Romero, Anxo Pazo o Jorge Romero serán algúns dos pilotos de casa que intentarán pelexar pola vitoria nas súas categorías.
A proba arrancará o venres ás 20 h cunha primeira manga, e continuará o sábado todo o día, arrancando os primeiros participantes ás 10 h. Os pilotos terán que percorrer os 20 tramos que ten preparada a organización no menor tempo posible. A marca patocinadora SRC proporcionará os premios aos primeiros clasificados, ademais de varios sorteos entre os participantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.54