Martes, 10 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 09 de Marzo de 2026 a las 20:17:03 horas

Xornal21.es
Jueves, 29 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Avanzados os traballos de acondicionamento da nova área de autocaravanas do Porriño

Ubicarase na rúa Leandro Diz na parcela que se está acondicionar e contará con todos os servizos necesarios

O Porriño contará nas próximas semanas cun área de caravanas e autocaravanas no centro urbano.

 


Trátase dunha zona que ocupará uns 200 m2 da parcela de Leandro Diz habilitada como aparcamento gratuíto. 

Os traballos de acondicionamento da parcela xa comezaron e unha vez rematados ofrecerán aparcamento con todos os servizos necesarios para as autocaravanas, ademais da zona habilitada como aparcamento gratuíto que xa está en funcionamento.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, supervisou hoxe as obras de acondicionamento do aparcadoiro, no que se está a instalar a rede de abastecemento e acometidas, sinalización e a renovación do firme.


“Esta era unha demanda  que considero tiña que ser atendida, xa que se trata dunha forma de turismo en auxe e o turismo e prestando este servizo potenciamos o turismo na vila, que é sen dúbida un factor de desenvolvemento”, explicou o alcalde, “É unha forma ademais de impedir que as caravanas e autocaravas que chegan ao Porriño se instalen noutros aparcadoiros ante a falta dun aparcamento municipal habilitado”.


O rexedor concluíu engadindo que “se están a estudiar outros espazos para habilitar novas áreas destinadas a este fin”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.54

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.