Miércoles, 10 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 03 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Axudas para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial na provincia

A convocatoria, aberta ata o 1 de abril, está dirixida a entidades sen ánimo de lucro, que poden recibir ata un máximo de 10.000 euros

A Deputación abre este venres, 1 de marzo, o prazo para optar ás axudas para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial para o seu uso en actividades de promoción sociocultural na provincia, unhas achegas que están dotadas este ano cun orzamento de 100.000 euros. A convocatoria, aberta ata o 1 de abril, está dirixida a entidades en ánimo de lucro que poden recibir ata un máximo de 10.000 euros.

 

Estas axudas, que a Deputación convoca en réxime de concorrencia competitiva, buscan preservar e difundir o patrimonio marítimo-fluvial galego, dunha gran riqueza e singularidade e que, polo seu valor propio, debe ser estudado e considerado para a permanencia e a identidade da cultura ao longo do tempo. En concreto, as subvencións están divididas en tres liñas de actuación diferentes. A primeira, para a rehabilitación de embarcacións tradicionais co fin de recuperar o seu carácter orixinal ou de conservar elementos estruturais que permitan a rehabilitación e o mantemento da embarcación. A segunda, para aparellos de pesca e demais elementos vinculados á cultura marítimo-fluvial. E, por último, unha terceira liña para construcións e instalacións en terra, como almacéns, fábricas, estaleiros, lonxas, casetas de pesca, embarcadoiros e pesqueiras, entre outras, ou mostras da arquitectura industrial e popular marítimo-fluvial na provincia, para ser reconvertidas en espazos culturais.


 
O importe máximo da subvención para cada actuación non poderá superar o 80% do orzamento total e, en calquera caso, os 10.000 euros. Cada entidade poderá presentar unha soa solicitude, que deberá cursarse a través da Sede electrónica da Deputación e que ira acompañada de documentación como a memoria explicativa da actuación que se pretende desenvolver, así como o orzamento de gastos e ingresos ou a acreditación da titularidade do ben obxecto de rehabilitación ou mellora, entre outras.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.