Sábado, 13 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 04 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño arranca marzo coa visita dunha unidade móbil de doazón de sangue

Estará o vindeiro martes 5 na rúa Daniel Calzado Poceiro de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas

[Img #87373]Tomiño comeza o mes de marzo achegando a súa pinga de solidariedade. O vindeiro martes 5 unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue visita o concello para que todas as persoas que o desexen poidan achegarse a doar e salvar así ata tres vidas. Como ven sendo habitual, a unidade estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Dende a Axencia lembran que as reservas de sangue dos grupos A-, 0+ e AB- están a niveis baixos, polo fan un chamamento a acudir a doar.


A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase o de subministrar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia en función das súas necesidades.


Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles a diferentes puntos de Galicia e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender ás e aos doentes que así o precisen.


As persoas interesadas en doar deben lembrar que só poden doar os maiores de 18 anos cun peso mínimo de 50 kg, que hai que almorzar ou agardar dúas horas despois do xantar e levar tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Recoméndase non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios e débese informar ao persoal médico se se está a tomar algunha medicación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.