GALICIA
As directivas galegas sitúanse na media europea: son o 33%
Galicia é das comunidades con máis paridade na alta dirección As auditoras recomendan impulsar as políticas de equidade
O 33% dos postos nos equipos directivos das compañías galegas públicas e privadas intégranos mulleres, unha porcentaxe que se sitúa exactamente na media da Unión Europea. Galicia tamén figura por riba de outras comunidades en canto á presenza de mulleres nos postos de alta dirección das empresas, como é o caso de Catalunya (31%), Comunitat Valenciana (31%) ou Euskadi (30%).
Así o recolle o informe Women in Business 2023 que publica anualmente Grant Thornton, e que inclúe compañías cotizadas e non cotizadas de entre 50 e 1.000 persoas empregadas a nivel europeo e mundial. Malia que Galicia presenta unha redución de tres puntos na proporción de mulleres directivas con respecto ao ano pasado, marca a media comunitaria e continúa por riba da media a nivel mundial (32%). Así, España figura como o segundo país da UE con maior proporción de mulleres en postos directivos, e escala dous puntos (ata o 38%).
Na elaboración do estudio participou Isabel Perea, socia de Auditoría e Laboral de Grant Thornton España e presidenta da comisión de Equidade do Instituto de Censores Jurados de Cuentas de España (ICJCE).
Hai dous anos que o ICJCE puxo en marcha a súa propia comisión de Equidade para promover a perspectiva de xénero no ámbito da profesión de auditoría e impulsar unha sociedade máis xusta e equitativa.
Equidade, empresa e auditoría
O 86% de integrantes do panel de expertas e expertos en Auditoría e Equidade do ICJCE considera que as políticas dirixidas a promover a equidade nas firmas de auditoría están a xogar un papel relevante á hora de atraer e reter profesionais. Ademais, valoran moi positivamente que as persoas que se incorporan ás firmas teñen xa as mesmas oportunidades con independencia do seu xénero, e tamén, co paso do tempo, para accederen aos niveis máis altos de responsabilidade na firma.
“En Galicia e no conxunto de España observamos unha incorporación notable de mulleres aos postos de responsabilidade das firmas de auditoría e das empresas en xeral nos últimos anos. Porén, aínda existen barreiras importantes que lles impiden desenvolver plenamente o seu talento, especialmente á hora de accederen á condicioń de socias e altas responsables das firmas. Por iso é necesario seguir impulsando políticas de equidade, tanto nas empresas como nas firmas de auditoría”, sinala Ana Pumar Atrio, auditora propietaria da firma ourensana Apumar Auditores, directiva dos auditores galegos (ICJCE Galicia) e integrante da comisión de Equidade do ICJCE.
Segundo os últimos datos da Universidade de Alcalá (2016), as auditoras representan o 26% da profesión de auditoría en Galicia, aínda que o número de mulleres profesionais aumentou de maneira significativa nos últimos anos.
Tal como recolle o informe A auditoría impulsa as empresas galegas (2022) en colaboración coa Zona Franca de Vigo, as empresas con sede en Galicia que auditan as súas contas tamén amosan unha maior presenza de mulleres nos seus cadros de persoal (49%) que as que non se auditan (34%).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129