Lunes, 27 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 02 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Santi Davila lamenta o novo intento de “sablazo fiscal” aos veciños que pretendía Dolores Castiñeira

O PP de Salceda lidera o rexeitamento á suba do IBI nun 25% proposta pola alcaldesa e cre que o goberno “queda reprobado e nunha absoluta soidade”

O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas vén de liderar o rexeitamento á suba do Imposto de Bens Inmobles (IBI) nun 25% proposto pola alcaldesa, Dolores Castiñeira, no pleno da corporación celebrado esta semana, no que o cambio do tipo impositivo desde o 0,4 ao 0,5 que pretendía o goberno local non foi aprobado cos votos negativos de PP e BNG e a abstención do PSOE.

 

 

“Que Salceda está plenamente desgobernada nestes dez primeiros meses de mandato é algo público, notorio e constatable, pero o do pleno de onte confirma con rotundidade que estamos ante un goberno que actúa con prepotencia malia estar nunha absoluta minoría, que non negocia, que só pretende encher as arcas municipais e pagar as súas débedas e errática xestión a costa dos petos dos veciños e que quedou totalmente reprobado e nunha absoluta soidade”, manifestou o voceiro municipal, Santi Davila.

 

O concelleiro popular lamentou o novo intento de “sablazo fiscal” que a rexedora pretendía perpetrar aos salcedenses “sen que houbera motivos reais de interese xeral que o xustificasen” e amosou a súa satisfacción pola negativa maioritaria do pleno, “xa que non conseguíu o apoio de ningún dos outros tres grupos municipais e a súa medida só foi respaldada por 4 dos 13 concelleiros da corporación”.

 

Neste senso, Davila lembrou que a negativa do pleno a subir novamente o IBI foi “soberana e correcta” pensando nos veciños, que xa padeceron en 2021 un ‘catastrazo’ como consecuencia da decisión política de MS e do PSOE, que daquela gobernaban nun formato bipartito e que na noite de onte “foi de bochorno e lamentable as acusacións que se verteron mutuamente pala xestión de cada área que asumían cada partido no pasado mandato. Así nós foi e así nós segue a ir”. Ademais, engadíu que os efectos daquel forte incremento seguen a pagalos cada ano os veciños nos seus recibos e incluso o propio Concello, que vén de recibir un “forte varapau” cunhas dimensións polo momento descoñecidas a raíz da recente sentencia que se coñeceu fai unhas semanas.

 

O voceiro do PP lamentou tamén a postura de “covardía e chantaxe” da alcaldesa por vencellar a suba salarial das traballadoras do Servizo de Atención no Fogar (SAF) a que se aprobara o incremento do IBI nun 25% no pleno de onte e apostillou que “ten moitas maneras e moitos xeitos de obter eses fondos se soubera xestionar, para empezar cunha reconfiguración das  tarifas eléctricas, ou de servizos municipais que agora os teñen privatizados cando antes os prestaban persoal do Concello”, entre outras.

 

Finalmente, Davila acusou á alcaldesa de responder cunha “pataleta infantil”, xa que, ao non aprobarse a suba do IBI, retirou da orde do día a súa proposta de bonificacións para o Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Pusvalía), unha medida coa que os populares están en desacordo “porque a da Alcaldesa é cativa e beneficia só a uns veciños e non a todos, como é o que nós queremos”. Ao respecto, o PP ten a súa propia iniciativa para suprimir este tributo, tal e como xa sucede en case o 70% dos concellos galegos, e anuncian a súa intención de “propolo nuevamente en seguintes sesión plenarias” conclue o voceiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.