Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 03 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
TUI

O DOG recolle a aprobación do proxecto de trazado do treito da autovía entre a PO-350 e Estás

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a aprobación deste novo tramo, que suporá un investimento autonómico de máis de 78 M€

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recolle no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do proxecto de trazado do treito da autovía Tui-A Guarda entre a estrada PO-350 e Estás, no concello de Tomiño.

 

Este proxecto suporá un investimento autonómico de máis de 78 M€ e permite desenvolver un novo tramo da autovía Tui-A Guarda, que avanza polo concello de Tomiño, continuando a mellora da mobilidade da comarca do Baixo Miño.

 

En concreto, este treito de novo trazado comezará no punto 3+790 da estrada PO-350 e rematará no punto quilométrico 59+860 da PO-552.


A publicación hoxe no DOG recolle o acordo aprobado na reunión do Consello da Xunta do pasado día 15 de febreiro, no que tamén foi aprobado o trámite de información pública, o informe das administracións afectadas e o estudo de impacto ambiental desta actuación.

 

No seguinte enlace pode consultarse a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240301/AnuncioG0181-200224-0001_gl.html

 

De xeito máis concreto, este novo tramo iniciarase nun enlace na PO-350, avanzará en dirección A Guarda, atravesará o val da Ponte en viaduto, chegará ao enlace da Ponte-Carregal e xirará á esquerda cara ao val do rego do Hospital e onde se atopa o terceiro dos enlaces que dá servizo ao Seixo.


Entre os puntos quilométricos 10+400 e 10+720 proxéctase o falso túnel de San Bieito, logo cruza o rego do Prego e conecta coa PO-552, no punto 59+860 mediante a glorieta de Estás.

 

No que se refire ás características técnicas, o proxecto recolle 4 enlaces para este tramo de autovía: o da PO-350, no punto 3+820 da vía de altas prestacións; o de Ponte-Carregal, no punto 6+580; o do Seixo, no 8+900; e unha glorieta en Estás na PO-552, no punto 11+960.

 

En relación ás estruturas previstas, proxéctanse 5 viadutos: do río Furnia, A Ponte, rego do Hospital, Tomiño e do rego do Pego; un falso túnel na zona de San Bieito, entre os puntos 10+400 e 10+720; 6 pasos superiores e 4 inferiores; e 3 muros de contención.

 

Na aprobación recóllense melloras significativas con respecto ao proxecto sometido a información pública e tamén se incorporan as prescricións da declaración de impacto ambiental emitida en setembro de 2023. Realízanse modificacións para a mellora da funcionalidade, para mellor accesibilidade de fincas e para reducir no posible afeccións.

 

Entre outras, deséñanse dous novos camiños de servizo; mellórase a permeabilidade transversal con dous novos pasos superiores e un paso inferior peonil; mellórase o enlace do Seixo para axudar a vertebrar a zona de dotacións deportivas e docentes; e elimínase o semienlace da PO-344, pola forte afección que producía e a proximidade dos outros enlaces.

 

Na mesma reunión do Consello da Xunta do pasado 15 de febreiro, ademais de aprobar este novo proxecto, deixouse sen efecto o proxecto antigamente aprobado, liberando así a súa afección aos terreos da parte final do seu trazado no concello de Tomiño.

 

Agora mesmo está en servizo xa a conexión completa da conexión da A-55 co polígono de Areas a través da autovía Tui-A Guarda, cuxa posta en marcha se culminou esta mesma semana, o mércores 28, mellorando as comunicacións entre o sur de Galicia e Portugal.

 

Ademais tamén se está a iniciar a redacción do proxecto do treito da autovía entre o enlace de Areas e a estrada PO-350, co obxectivo de prolongar a vía e duplicar o paso inferior de acceso ao polígono, de modo que dea funcionalidade a un enlace completo, tamén en sentido A Guarda. A previsión é poder licitar as obras este ano.

 

Nas vindeiras semanas, ademais, prevese aprobar o proxecto de desdobramento da PO-552 entre Estás e Goián, para completar a autovía ata enlazar co treito 3, xa en servizo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.