Domingo, 14 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 04 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
O ROSAL

A Xunta segue a estender o programa Xantar na casa coa incorporación do Rosal

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinou fai uns días coa alcaldesa do municipio, Ánxela Fernández, o convenio de adhesión a esta iniciativa

A Xunta de Galicia continúa ampliando o número de municipios que contan co programa Xantar na Casa, servizo de comida a domicilio que facilita e garante unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades de persoas maiores, dependentes e en risco de exclusión social. O último en incorporarse é O Rosal despois de que o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinara coa alcaldesa do concello, Ánxela Fernández, o convenio de adhesión a esta iniciativa.

 

 

O acordo fixa que inicialmente ata dez persoas recibirán nos seus fogares o menú para os sete días da semana, festivos incluídos. Esta cifra poderá ampliarse cando sexa necesario e así o estimen os servizos social do Concello, que son os encargados de seleccionar aos beneficiarios do programa. Perfecto Rodríguez explicou que o obxectivo de Xantar na Casa “é asegurar que toda persoa que o precise reciba na súa vivenda unha comida san e equilibrada”.

 

Neste sentido, o xerente do Consorcio explicou que a comida repártase nos domicilios nunha única entrega para todos os días da semana, polo que o destinatario soamente ten que quentala antes de consumila. Aos usuarios do programa tamén se lles facilitan os electrodomésticos que necesiten no caso de que careza deles, como neveira e microondas. Son os servizos sociais do Concello os que determinan cales son as persoas beneficiarias. A Xunta encárgase de financiar o 50% do custe da comida, mentres que a outra metade corre a cargo do Concello e dos usuarios a partes iguais.

 

O número de usuarios de alta no Xantar na Casa supera na actualidade as 2.000 persoas e o número de concellos adheridos a este programa sitúase por riba dos 200.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.