Domingo, 14 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 04 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destina máis de 1,5 M€ para contratar persoal e gasto corrente en 13 concellos

Trátanse de recursos do Plan +Provincia dos que se benefician A Cañiza, A Estrada, A Lama, Agolada, Baiona, Crecente, Lalín, Meis, Portas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar máis de 1,5 millóns de euros para que 13 concellos da provincia contraten a 57 persoas, afronten gasto corrente e impulsen novos investimentos ao abeiro das liñas 1, de investimentos, 2, de gasto corrente, e 3 de emprego do Plan + Provincia. Benefícianse destes recursos A Cañiza, A Estrada, A Lama, Agolada, Baiona, Crecente, Lalín, Meis, Portas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. “Seguimos tendendo pontes, e os datos son claros: no que vai de ano ao abeiro do Plan +Provincia temos aprobado xa máis de 7,5 millóns de euros para os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”, asegurou o presidente Luis López.

 

 

No marco da liña 3, de emprego,  a Xunta de Goberno aprobou 800.000 euros para que os concellos de Agolada, Baiona, Bueu, Crecente, Portas e Salceda de Caselas contraten un total de 57 persoas. En concreto, Baiona recibirá 198.654 € para contratar a 13 persoas desempregadas que traballarán como peóns de obras públicas (8), operarios de limpeza viaria e recollida de lixo (3), conserxe (1) e condutor de camión (1); Bueu beneficiarase de 170.961 € para 13 persoas que ocuparán os postos de peóns de obras públicas (3), albanel (1), electricista (1), pintor (1), fontaneiro (1) e peón forestal (1), e Salceda de Caselas destinará 135.620 € para contratar a 7 persoas como peóns de xestión de residuos (3), bedel (2), administrativo (1) e bibliotecario (1).

 

Pola súa banda, Agolada destinará 122.784 € para contratar a 9 persoas desempregadas que traballen como operarios pavimentadores (3), operarios poceiros de redes de saneamento (2), operarios montadores de edificios (2), operario pegador de cartaces (2) e administrativo con tarefas de atención ao público (1); Crecente beneficiarase de 94.556 € do Plan +Provincia para contratar a 7 persoas que para desempeñar postos de traballo como peóns de obras públicas (3), condutor para camión xeral (1) e para maquinaria pesada (1), auxiliar administrativo (1) e limpador (1), e, por último, Portas destinará 85.133 € desta liña 3 a contratar 6 traballadores como limpadores (2), condutor (1), varredor peón de limpeza (1), peón forestal (1) e peón xeral (1).

 

No caso da liña 2, de gasto corrente, o presidente provincial informou que a Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar 268.000 euros para os concellos de Lalín, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. En concreto, a Lalín diríxense 109.732 € que lle permitirán afrontar o pagamento de débedas e acredores de gasto corrente e investimentos, e a Salvaterra de Miño 97.167 € para amortización de débeda con entidade financeira. Por último, Salceda de Caselas recibirá 61.413 euros para o servizo de atención e asesoramento psicolóxico (14.997 €), o plan de limpeza e desbroce (18.148 €), o plan do entorno das liñas de alumeado público (18.148) e a renovación da páxina web do Concello (10.119 €).

 

Subvencións para investimentos de 6 concellos
Por último, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou novas subvencións ao abeiro da liña 1, de investimentos, do Plan +Provincia para seis concellos da provincia: A Cañiza, A Estrada, A Lama, Lalín, Meis e Mos. Desta maneira, A Estrada recibirá 126.609 € desta liña para adquirir o antigo edificio do INEM; Mos 60.560 € para o subministro dunha miniescavadora, e A Lama 13.608 para a mellora de vías municipais en Paradela e Baralla, en Xende.

 

Por outra banda, no caso da Cañiza, Lalín e Meis, as achegas da liña 1 do Plan +Provincia permitirán financiar a parte correspondente aos concellos das actuacións financiadas ao abeiro do Programa PON2030 de infraestruturas e dotacións singulares, de tal maneira que a institución provincial financia o 100% das obras. En concreto, trátase de 159.970 € para A Cañiza para proxecto de acondicionamento e mellora da eficiencia enerxética do campo de fútbol de Augas Férreas, cuxo orzamento ascende a 630.000 euros; 77.862 € para Lalín, para as obras do edificio polivalente de Carragoso, cuxo orzamento é de algo máis de 740.000 euros; e 70.140 €, para Meis, para completar o orzamento de 430.000 euros das obras de mellora da eficiencia enerxética, seguridade contra incendios, reformar interiores e ampliación de prazas da Escola Infantil 0-3 de Mosteiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.