PROVINCIA
A Deputación destina 70.000 euros á posta en valor dos castros de Troña en Ponteareas e Altamira nas Neves
Trátase dunha iniciativa enmarcada no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Condado – Paradanta que incluirá unha proposta de realidade virtual, un portal web e a instalación de sinalética intelixente
A Deputación de Pontevedra acaba de sacar a licitación o servizo para implantar unha plataforma museográfica virtual para a posta en valor, como recurso turístico, dos castros de Troña (Ponteareas) e Altamira (As Neves). O proxecto, enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Condado – Paradanta “Unha terra entre ríos” que conta co financiamento do Plan de Recuperación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, ten un orzamento máximo de 72.000 euros e as empresas poderán presentar ofertas ata o mércores 13 de marzo.
Con esta iniciativa búscase poñer en valor, difundir e divulgar o patrimonio arqueolóxico asociado á Idade de Ferro e á cultura castrexa na comarca do Condado-Paradanta, dotándoo de ferramentas dixitais para mellorar a interpretación do conxunto patrimonial existente. Tamén se pretende desestacionalizar, deslocalizar e diversificar a demanda turística para reforzar a sostibilidade do destino; incrementar a estancia media do turista e a súa competitividade; facilitar a mellora continua dos procesos incluídos na cadea de valor turística mediante o emprego da tecnoloxía, e ampliar a oferta con produtos vinculados ao territorio.
Deste xeito, a empresa adxudicataria deberá desenvolver unha plataforma de realidade virtual, integrada co portal web de Trazas de Pontevedra, que permita mostrar a historia, costumes e contorna dos castros de Troña e Altamira, e que inclúa unha experiencia virtual e audiovisual accesible desde calquera localización. Pola súa banda, deberá tamén xerar contido audiovisual relacionado coa cultura castrexa, que mostre a través de fotografías, imaxes 360º, reconstrucións 3D e experiencias de Realidade Aumentada e Virtual os costumes dos poboadores e a súa contorna, e que recree de maneira fidedigna o patrimonio arquitectónico e etnográfico que non sexa accesible aos visitantes de maneira presencial.
Por outra banda, deberá deseñar e instalar unha nova sinalética integrada en puntos físicos de ambos castros, co fin de comprendelos, ademais de dar a coñecer a contorna e os costumes, tradicións e patrimonio arqueolóxico, incluíndo códigos de lectura QR que redirixan á plataforma virtual para obter unha experiencia desestacionalizada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103