DEPORTES
Luis López remarca o apoio ao deporte e ao tecido asociativo da provincia
O presidente provincial presentou esta competición, na que participarán 150 deportistas o 23 de marzo en Cerdedo, acompañado polo deputado de Xuventude, Jorge Cubela, e os dirixentes da Asociación de Boxeo de Pontevedra, organizadores do campionato
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo deputado de Xuventude e Reto Demográfico, Jorge Cubela, presentaron a primeira edición da Copa Deputación 2024 de Tatami Sports, que promoven desde a Asociación de Boxeo de Pontevedra e a Hong Muay Thai Academy, cuxos presidentes José Manuel Santiago e Antonio Garrido, respectivamente; participaron tamén na presentación destas probas.
A competición celebrarase o día 23 de marzo no pavillón municipal de Cerdedo, nunha xornada na que participarán máis de 150 deportistas chegados de distintos puntos de Galicia, con idades comprendidas entre os 4 e os 40 anos divididos en catro categorías. Esta disciplina deportiva inclúe catro modalidades de competición: point fight, light contact, kick light e K1 light. Catro campionatos que coroarán aos campións da Copa Deputación 2024 destas modalidades de boxeo.
A colaboración na organización de campionatos dunhas disciplinas que cada ano aumenta o seu número de seguidores e practicantes na provincia supón unha nova mostra do compromiso da Deputación co fomento do deporte e coa colaboración co tecido asociativo da provincia.
Ademais, para completar a programación, no mesmo escenario e no mesmo día celebrarase o campionato galego de kick boxing. Unha competición na que tamén colabora a Deputación e que é puntuable para a clasificación para os campionatos nacionais que se celebran en Guadalaxara no mes de xuño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103