Jueves, 09 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 04 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Avanzan a bo ritmo as obras de reconstrución da ponte de Fontenla, no barrio da Igrexa

Coa fase de reconstrución da estrutura rematada afróntase a etapa de asfaltado e a instalación de varandas

O Concello informa de que as obras de reconstrución da ponte que se sitúa na parroquia de Fontenla avanzan a bo ritmo. Este elemento patrimonial atópase inutilizado desde o mes de decembro do 2022, cando a vila rexistrou unhas fortes riadas, polo que o actual goberno municipal marcou como unha prioridade as tarefas para a súa recuperación e mantemento.

 

Toda vez que a fase de reconstrución da estrutura foi completada con éxito, nos próximos días comezarán os traballos de asfaltado e de instalación de varandas que garantan a seguridade dos peóns. A actuación conta cun orzamento de 57.000 euros, financiados mediante un convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra, e o obxectivo principal é que os veciños e as veciñas poidan dispoñer no menor tempo posible desta ponte que lles serve como vía de comunicación.

 

Neste sentido, o tenente da alcaldesa e edil de Vías e Obras, Juan Carlos González, apunta que "se trata de apostar polo rural da vila e de ofrecerlle os servizos que necesitan. Esta ponte utilízana moitos dos veciños e das veciñas da zona e non podía continuar en estado ruinoso" e indica que "para nós era unha prioridade desde o minuto un recuperar este elemento patrimonial".

 

O goberno municipal insiste en que o mantemento, a conservación do patrimonio e as infraestruturas e a defensa dos servizos básicos para a cidadanía son grandes prioridades e que seguirán cumprindo compromisos cos veciños e veciñas das parroquias.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.