GALICIA
A Xunta salienta o papel referente de Galicia na reserva de contratos a centros especiais de emprego
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, clausurou unha xornada organizada co apoio da rede Eusumo sobre a compra responsable e a contratación reservada a entidades da economía social
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, clausurou unha xornada sobre o fomento da contratación reservada e a compra responsable en sectores da economía social, organizada pola Asociación empresarial de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro (Cegasal) e a Asociación de empresas de inserción de Galicia (Aeiga) co apoio da Xunta de Galicia, a través da rede Eusumo.
Ardao puxo en valor ferramentas como as que centraron a xornada -a compra responsable ou a contratación reservada- que cualificou de esenciais para que a economía social continúe a crecer e a xerar emprego inclusivo, estable e de calidade.
Galicia desenvolve un papel referente na inclusión da reserva de contratos nos seus procesos de licitación. En 2022, último exercicio do que se teñen datos, a comunidade foi a primeira en porcentaxe de contratación reservada en exclusiva a centros especiais de emprego e empresas de inclusión. Un mérito que xa conquistara en 2019 e 2020. Entre 2029 e 2022, indicou o director xeral, adxudicáronse contratos a través desta modalidade por valor de máis de 26 millóns de euros.
A Administración autonómica traballa para que este mecanismo se implante tamén empresas ou entidades específicas, para brindar maiores oportunidades de emprego estable e de calidade ás persoas en situación ou risco de exclusión social ou que presentan máis dificultades para o acceso ao mercado laboral.
Tal e como relatou a directora xeral, trátase de avanzar, desde as políticas públicas, na inclusión laboral e económica de persoas vulnerables, para que conten con máis oportunidades cun impacto social positivo.
O apoio á economía social estará garantido nos próximos anos coa execución da nova Estratexia de economía social Horizonte 2027, aprobada polo Consello da Xunta o pasado xaneiro. Este marco quere crear 4.000 empregos, 400 entidades e posicionar o modelo nos sectores tecnolóxico, verde, industrial e sustentable.
O Goberno galego traballa tamén, da man do sector, na nova Lei de cooperativas, que adaptará a lexislación aos novos tempos e permitirá axilizar a creación de entidades.
Axudas convocadas
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade leva convocadas no que vai de 2024 máis de 36 millóns de euros en axudas para apoiar a creación e consolidación de entidades da economía social e para impulsar desde esta o emprego inclusivo.
Activáronse iniciativas de apoio económico aos Centros especiais de emprego (26 millóns de euros), a empresas de inserción (1,5 millóns) ou para impulsar a transformación verde e dixital a través do Bono Consolida (2,7 millóns).
Mobilizáronse ademais axudas 5 millóns para apoiar o emprego en cooperativas e sociedades laborais a través do programa Aprol Economía Social e case 700.000 euros para que as 98 entidades que integran a Rede Eusumo desenvolvan accións de divulgación, formación e asesoramento como a celebrada hoxe en Santiago de Compostela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115