Sábado, 13 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 02 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destina 110.000 euros a dotar de illas ecolóxicas de reciclaxe a 11 concellos

Enmarcado no proxecto “Da túa man” (rural II), os sistemas de reciclaxe instalaranse na Guarda, A Illa de Arousa, Catoira, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Moraña, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilaboa

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar por 110.000 euros a instalación de illas ecolóxicas de contedores ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural II), o programa de apoio á actividade comercial do rural da provincia que se desenvolve en once concellos da provincia. En concreto, será  a empresa Baygar S.L. a que instale as illas na Guarda, A Illa de Arousa, Catoira, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Moraña, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilaboa.

 

 

Como explicou o presidente provincial, Luis López, as illas “contarán con contedores específicos para o papel/cartón, envases lixeiros, vidro, biorresiduos e restos. Estarán, ademais, dotadas de paneis con información e contarán con xardineiras ornamentadas”.

 

O proxecto “Da túa man” (rural II), dotado con 500.000 euros e financiado integramente con fondos Next Generation, está a permitir, tal e como recordou o presidente, modernizar o pequeno comercio local adaptándoo aos novos hábitos de consumo, a través da implementación e uso das novas tecnoloxías, do desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular e a mellora no acondicionamento dos espazos e da creación de vínculos na cadea de valor do comercio local para impulsar unha estratexia común que implique ás comunidades locais, aos concellos e á Deputación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.