O equipo de goberno local levou puntos na orde do día derivados da súa falla de xestión, e que como no caso da subida do IBI, sabían de antemán non ían ser aprobados
O grupo municipal socialista de Salceda de Caselas cualificou o pleno do pasado xoves como un verdadeiro desastre xa que no mesmo non se puido albiscar ningún avance por parte do equipo de goberno dentro da súa xestión de goberno en relación aos principais asuntos que están afectan á veciñanza de Salceda.
Os puntos relacionados coa subida do IBI non obtiveron o apoio dos grupos da oposición na corporación municipal, xa que de novo trouxeron a mesma proposta, para a que o partido socialista, esixira outras medidas complementarias importantes como presentar un borrador de orzamentos, que contase cunha proposta detallada para a diminución dos gastos que de novo reclamou ao equipo de goberno local sen resposta. “O goberno de Movemento Salceda como xa ocorreu co tema dos seus salarios tenta presentar de forma repetida propostas como as da subida do IBI como si pensara que a oposición llas vai aprobar por mero aburrimento”.
“O goberno local debe traer os deberes feitos, con propostas de redución de gastos con datos fiables e estudados que se adapten ao Plan de Axuste e non entregar “un panfleto” que fai entrever a deixadez de funcións e a falta de traballo e rigor”
En relación coa proposta de reforma do aula de Budiño aínda que este foi aprobada, o grupo municipal socialista acusou ao goberno local de incumprir a proposta de traballo a través da cal se presentou e se concedeu o obradoiro ao concello. Coñecendo as socialistas que soamente se vai a levar a cabo nas tarefas do obradoiro unha pequena parte da obra aprobada pola Xunta e solicitado na etapa de Verónica Tourón como alcaldesa e responsable de emprego. Isto, pode supoñer a non concesión do obradoiro para Salceda nos vindeiros anos co conseguinte prexuízo para a veciñanza, xa que hai que pensar non só na obra pública que se poida realizar, senón da importancia que teñen estas titulacións nas persoas desempregadas da vila.
A voceira tamén recriminou á alcaldesa e ao Concelleiro de facenda á hora de aprobar o recoñecemento extraxudicial de crédito, ao advertirlles que o grupo municipal socialista non vai permitir que os REC se convertan en procedementos ordinarios para facer fronte aos gastos e os pagos do concello e en relación a falla de veracidade dos datos económicos que o concelleiro de facenda amosou na súa intervención para solicitar o apoio do resto dos grupo para aprobar dito recoñecemento. Da mesma maneira Verónica Tourón lembrou ao actual equipo de goberno que na súa etapa como alcaldesa se aprobara o Plan de Axuste que permitiu deixar ao día os pagos aos provedores do concello ata o mes de marzo do ano pasado, o que debería haber suposto unha redución dos importes levados a pleno polo actual equipo de goberno a través do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito, pero a mala xestión actual non permitiu que iso fora así.
No tocante a comparecencia da alcaldesa en relación coa sentencia xudicial relacionada co “catastrazo” o grupo municipal socialista trasladoulle a alcaldesa que a mellor opción é acatar as sentenzas xudiciais en canto se teña clara a situación e non incorrer en máis gastos recurrindo todos os procesos. Igualmente recriminoulle a súa falla de transparencia por non facer chegar aos grupos da oposición os informes que o concello solicitou a outros organismos para asesorarse legalmente en relación coa recente sentenza do tribunal superior de xustiza de Galicia.
Como colofón a todos estes desaxustes dunha forma totalmente arbitraria a alcaldesa levantou a sesión deixando de tratar entre outras cousas os rogos e preguntas da oposición e a moción conxunta que con motivo do Día internacional da Muller traian o resto dos grupos da corporación, co que se amosou de novo a falla de sintonía entre o equipo de goberno de Movemento Salceda e o resto de grupos da corporación municipal.
“Este desorde e falla de seriedade en relación cos temas traídos a este e outros plenos anteriores reflicten a falla de traballo e de xestión na que esta sumido o actual equipo de goberno que parece non saber cara onde vai e o mais grave como tratar os principais problemas e necesidades que afectan á cidadanía de Salceda, unha deixadez e unha lei do mínimo esforzo que lle pode saír moi cara á nosa veciñanza”.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141