GALICIA
Fabiola García recibe a mozos xaponeses que participan no Programa ‘A Xuventude no Mundo’
A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións deulles a benvida á nosa Comunidade durante unha visita ao espazo Galiverso da Cidade da Cultura
A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, recibiu esta mañá a unha vintena de mozos xaponeses que participan no programa da Xunta de Galicia ‘A Xuventude no Mundo’, que se recuperou o pasado ano logo do parón da pandemia. Fíxoo no espazo Galiverso da Cidade da Cultura no que se pode coñecer a través da realidade virtual o patrimonio artístico e paisaxístico galego.
O programa ‘A Xuventude no Mundo’ permite o intercambio cultural entre a mocidade de Galicia e O Xapón, prestando especial atención ás rutas de peregrinación destes dous territorios. A ruta Xacobea e a ruta Kumano Kodo, son as únicas do mundo recoñecidas pola Unesco como Patrimonio da Humanidade. Así, mediante esta iniciativa fomentase o coñecendo por parte dos mozos de ambos territorios das similitudes e contrastes entre ambas culturas.
Os mozos xaponeses descubrirán durante esta semana a nosa Comunidade visitando distintos enclaves como a Costa da Morte, a cidade de Santiago ou partes do Camiño de Santiago. Do mesmo xeito, o pasado mes de setembro, un grupo de vinte mozos galegos viaxaron ata Wakayama para coñecer a ruta deste país e outras características da súa forma de vida. Desde a posta en marcha desta iniciativa, no ano 2010, beneficiáronse deste programa máis de 300 mozos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129