Lunes, 27 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 07 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda advirte da intención do goberno de acometer unha suba de impostos masiva

O voceiro municipal, Santi Davila, revela que o Concello ten 600.000 euros pendentes en facturas, un crédito do pasado ano de 2,2 millóns de euros que non amortizará capital ata 2028 e unha débeda viva recoñecida, ao peche do ano 2022, de 582.000 euros

O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas vén de advertir da intención do goberno local que dirixe Dolores Castiñeira de acometer unha suba masiva de impostos e taxas municipais, que vai contar coa decidida oposición dos populares, co obxectivo de afrontar a situación de débedas e pagos pendentes por alomenos 3,2 millóns de euros “e que son froito da mala xestión económica que padece o Concello desde hai anos”.

 

 

O voceiro municipal, Santi Davila, revelou que o Concello vén de aprobar un recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar facturas do ano pasado por 1,2 millóns de euros, pero aínda ten pendentes abonos de 2023 a empresas e provedores por máis de 600.000 euros. A maiores desta cantidade, ten que afrontar un crédito vixente por 2,2 millóns de euros, “que se pedíu o ano pasado á desesperada para afrontar a crítica situación da tesourería”, e que ten unhas condicións bastante gravosas xa que non se amortizará capital ata o ano 2028 e que pagaremos durante 12 anos. E finalmente, hai unha débeda viva recoñecida, ao peche do ano 2022, de 582.000 euros “aínda que é moi posible que a cantidade sexa superior e que se coñecerá cando se publiquen os balances de 2023”.

 

Ante esta situación, o goberno de MS “pretende acometer unha suba xeralizada de impostos, porque non outro xeito de cadrar as contas e de escapar no calexón sen saída no que a súa xestión meteu ao Concello de Salceda”. De feito, os populares indicaron que o seu primeiro intento foi no pasado pleno, coa proposta da alcaldesa de subir o Imposto de Bens Inmobles (IBI) nun 25% e que foi freada polo PP, co apoio do concelleiro do BNG. E a maiores, o goberno tamén anunciou a súa intención de incrementar o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), “que pode supoñer un importante freo a que os veciñ@s construían e rehabiliten as súas vivendas ou inmobles”, ou o incremento das taxas pola recollida do lixo e de utilización da piscina municipal, entre outros tributos.

 

E nesa liña de incrementar ao máximo a recadación fiscal “a costa dos petos dos veciños”, Davila enmarca a negativa do goberno local de rexeitar a proposta do PP salcedense para a supresión integral do Imposto de Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, coñecido popularmente como o de plusvalía, tal e como sucede no 70% dos concellos galegos.

 

“Afortunadamente o goberno local está en minoría e non ten fácil (de momento) perpetrar a suba masiva de impostos que pretende, tal e como se demostrou co IBI no último pleno, pero queremos advertirlles aos veciños da súa intención e comunicarlles que desde o PP estaremos ao seu carón e contra este incremento fiscal orientado exclusivamente a pagar a súa errática xestión económica”, concluíu o voceiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.