VIGO
A Xunta axilizará ao máximo o seu informe sobre o PXOM de Vigo en canto o concello subsane os erros
As directoras xerais de Ordenación do Territorio e Urbanismo e de Patrimonio Cultural reuníronse esta mañá en Santiago coa concelleira de Urbanismo e Vivenda viguesa
A Xunta de Galicia comprometeuse hoxe a axilizar ao máximo a emisión do informe autonómico previo e imprescindible para a aprobación definitiva do novo plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Vigo en canto reciba a documentación correspondente e comprobe que o Concello corrixiu todos os erros detectados e completou o expediente cos informes estatais que faltan e que resultan preceptivos para continuar coa tramitación.
No marco da reunión técnica convocada hoxe en Santiago pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para analizar a situación do PXOM vigués, os responsables dos Gobernos autonómico e local coincidiron na necesidade de traballar para que a aprobación definitiva do plan polo pleno municipal se produza canto antes.
Como primeiro paso, haberá que resolver todos os aspectos sinalados no requirimento remitido a semana pasada pola Xunta ao Concello, tal e como expuxo durante a xuntanza a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.
En concreto, a maiores das correccións esixidas tras analizar o documento provisional e que afectan sobre todo a aspectos arqueolóxicos e culturais, Rivas trasladoulle á concelleira de Urbanismo e Vivenda, María José Caride, a urxencia de dispoñer dos dous informes preceptivos sobre o PXOM do Goberno central —o de Aviación Civil e o de Telecomunicacións— que a estas alturas seguen pendentes e sen os cales, insistiu, a Xunta non pode informar o documento.
Neste sentido, Rivas comprometeuse ante os responsables e técnicos municipais a que, unha vez estea completa a documentación e subsanadas as carencias e problemas detectados, o Executivo galego acurtará o máximo posible o prazo legalmente previsto —3 meses a contar desde que a documentación do PXOM estea completa— para emitir o seu informe autonómico previo, último paso antes da aprobación definitiva do plan.
Por parte da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades participou tamén na reunión a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, acompañada do seu equipo. No encontro, os representantes do Goberno galego trasladaron á Administración local a necesidade de dar resposta ás consideracións recollidas no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para continuar co trámite do PXOM. Isto será avaliado polos técnicos para, posteriormente, emitir o informe procedente.
Cómpre sinalar, ademais, que a representante municipal recoñeceu como erros a non protección patrimonial do Monte do Castro e Fortaleza e do Parque Quiñones de León.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60