VIGO
A Xunta compromete ante os empresarios vigueses “colaboración e transparencia” para acurtar os prazos do PXOM
A Xunta de Galicia comprometeuse nesta semanas ante os empresarios vigueses a acurtar ao máximo os prazos de emisión do informe autonómico previo e imprescindible para a aprobación definitiva do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo. Nunha xuntanza celebrada na Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) en Vigo, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e as directoras xerais de Ordenación do Territorio e Urbanismo e de Patrimonio Cultural, Encarnación Rivas e Mª del Carmen Martínez, explicaron aos representantes das patronais a situación actual no que se atopa a tramitación do documento.
Trala reunión técnica celebrada o luns en Santiago entre técnicos da Xunta e do Concello para analizar a situación do PXOM vigués, as representantes autonómicas tiveron unha xuntanza con preto de 40 empresarios da cidade e provincia, entre os que había arquitectos, constructores e promotores, co obxectivo de trasladarlle todos os pasos que está a dar o Goberno galego.
“Desde o primeiro momento mostramos a máxima colaboración e transparencia, estamos sempre a disposición do Concello para axudar a que sexa un plan legalizable con toda a seguridade xurídica, pero dependemos exclusivamente da boa vontade da administración local para sacar adiante o PXOM de Vigo”, sinalou a delegada da Xunta.
Pola súa banda, a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo apuntou que á Xunta comprobou que o Concello non remitira os documentos de Aviación Civil e o de Telecomunicacións. “Hai un déficit de dous informes estatais preceptivos, ademais das condicións indicadas no sectorial de Patrimonio, para que o documento poida considerarse completo e obxecto de informe”, apuntou.
Ademais, a directora xeral de Patrimonio Cultural explicou que os representantes municipais xa admitiron que existira un erro no envío das fichas sobre O Castro e Castrelos. “Detectamos unha modificación na contorna de protección do ben patrimonial, xa que son bens de interese cultural, e había un cambio substancial moi importante, polo que na reunión comentaron que se trataba dun erro e que o aportarían de novo tal e como estaba visto nun primeiro momento”, indicou.
Os empresarios, a través do presidente da CEP, Jorge Cebreiros, destacaron a resposta “inmediata” da Xunta de Galicia á proposta de xuntanza. “Agradecemos a sensibilidade amosada polo Goberno galego para manter este diálogo co sector e trasladarnos tranquilidade, polo que nos congratulamos do grado de colaboración entre administracións”, apuntou
Na xuntanza celebrada este martes cos empresarios, a representantes da Xunta se comprometeron a que, unha vez estea completa a documentación e subsanadas as carencias e problemas detectados, o Executivo galego acurtará o máximo posible o prazo legalmente previsto —tres meses a contar desde que a documentación do PXOM estea completa— para emitir o seu informe autonómico previo, último paso antes da aprobación definitiva do plan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129