Viernes, 03 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 01 de Abril de 2026 a las 22:07:51 horas

Xornal21.es
Viernes, 08 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación porá en marcha nos próximos meses +Renovables

A deputada María Ramallo e o deputado Javier Tourís reuníronse con persoal técnico para coñecer os avances desta iniciativa financiada con fondos NextGenerationEU que terá a súa sede física no Viveiro de Empresas de Barro

A Deputación de Pontevedra avanza na posta en marcha, nos próximos meses, de +Renovables, a oficina de transformación comunitaria para apoiar ás comunidades enerxéticas da provincia. A deputada María Ramallo e o deputado Javier Tourís acaban de reunirse con persoal técnico para coñecer os avances desta iniciativa financiada con fondos NextGenerationEU que terá a súa sede física nas instalacións da Deputación no polígono de Barro.

 

 

No encontro, os deputados provinciais afondaron nas accións que +Renovables porá en marcha durante os vindeiros meses, entre as que destacan a incorporación de novos perfís de persoal técnico, o traslado dos servizos técnicos de asesoramento ás instalacións da Deputación en Barro, a celebración da primeira xornada sobre comunidades enerxéticas ou o lanzamento de diferentes procedementos de contratación asociados á execución do proxecto.

 

+Renovables conta cun orzamento de preto de 750.000 € dos que a Unión Europea achega 500.000 € a través dos fondos NextGenerationEU. Iniciou a súa andadura en novembro, coa finalidade de fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de comunidades enerxéticas en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, especialmente os concellos de reto demográfico, a súa prioridade. Para conseguilo, o proxecto contempla actividades de difusión, acompañamento, asesoramento, así como a creación dunha rede de comunidades enerxéticas provincial e diferentes iniciativas de formación e investigación.

 

No que respecta á difusión está prevista a realización de charlas nos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes para dar a coñecer os servizos de +Renovables e a figura das comunidades enerxéticas, así como  de dúas xornadas anuais (unha este ano e outra no 2025) para expoñer casos de éxito, problemáticas e oportunidades a carón das comunidades enerxéticas. Ademais, organizarase de cara ao vindeiro ano un congreso provincial para poñer en común a experiencia obtida polas comunidades enerxéticas creadas e para analizar desenvolvementos futuros.

 

+Renovables tamén realizará acompañamento daquelas entidades interesadas en crear unha comunidade enerxética. Deste xeito, e unha vez formalizada a solicitude, realizarase un completo asesoramento tanto na fase de constitución das comunidades enerxéticas, como na de desenvolvemento do proxecto e na de explotación. Axudaráselles a deseñar un proxecto de xeración, ben térmico ou eléctrico, para dar cobertura aos participantes na comunidade enerxética, e tamén prestarase asesoramento económico sobre créditos e fórmulas de financiación. Ademais realizaranse estudos e informes previos e iniciais de cara á implantación de comunidades enerxéticas, desde estudos de análise de capacidade produtiva de enerxía ata económico-financeiros, para analizar a viabilidade financeira dos proxectos, ou informes legais e xurídicos.

 

O proxecto contempla tamén a posta en marcha dunha rede de comunidades enerxéticas da provincia de Pontevedra  e o observatorio provincial de comunidades enerxéticas, que recollerá datos dos proxectos para elaborar un inventario que permita calcular o aforro enerxético xerado polas comunidades, así como a redución da dependencia enerxética do exterior e o descenso nas emisións de gases de efecto invernadoiro. Ademais +Renovables impartirá formación dirixida, inicialmente, a todo aquel persoal das entidades locais e comunidades enerxéticas, para que sexan capaces de xestionar e levar a bo porto os seus proxectos de produción e consumo de enerxía. Tamén contempla desenvolver actividades de formación en función das necesidades que vaian xurdindo entre as diferentes persoas implicadas na xestión destas comunidades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.