Nigrán
Nigrán renova o Consello Municipal da Infancia e aspira ao selo ‘CAI’ de UNICEF
O Concello de Nigrán apresentou, no passado 29 de febreiro, o seu renovado Consello Municipal da Infancia, no qual o alumnado dos centros educativos do concello foi eleito como representante para os próximos dous anos. A concelleira de Educación, Estela Pérez Pérez, xunto coa concelleira de Igualdade, Patricia Diego, e o alcalde de Nigrán, Juan González, recibiron no Salón de Plenos as novas nenas, nenos e adolescentes que se unirán ao grupo, composto por un total de 14 membros, dous dos cales son reeleitos.
Neste primeiro encontro, os membros do Consello tiveron a oportunidade de coñecerse e recibir unha explicación detallada sobre as súas responsabilidades, que se manifestarán de xeito moi próximo no pleno infantil anual.
"De aquí en diante, manteremos reunións cada 15 días nas que os membros do Consello trasladarannos as súas propostas, inquedanzas, dúbidas, etc. E, dende o Concello, traballaremos para facer de Nigrán un lugar máis acolledor para a mocidade", explicou Estela Pérez, quen tamén agarda que Nigrán sexa recoñecido con selo Unicef de 'Cidade Amiga da Infancia' ao final do ano.
O Consello Municipal da Infancia, creado en 2021 como órgano de participación, ten como obxectivo garantir que a xente nova do Concello poida participar activamente na vida pública, ofrecendo as súas visións, inquedanzas e propostas ao goberno local. Deste xeito, busca asegurar que as políticas municipais resposten ás verdadeiras necesidades da mocidade, cumprindo así o seu dereito a ser escoitados e ter en conta as súas opinións.
Ademais, o Concello de Nigrán tamén conta con representación no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia, que inclúe a representantes de nenas, nenos e adolescentes de toda Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129