MOS
Rematados dous asfaltados en Louredo
A Xunta concedeu unha axuda de preto de 51.000 euros para a optimización da seguridade viaria nos Camiños de Cerdeiriñas e Arcal
O tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil da parroquia de Louredo, Baldomero Lorenzo, supervisaron esta semana os recentemente rematados traballos de asfaltado dos Camiños de Cerdeiriñas e de Arcal, na parroquia de Louredo.
A obra foi acometida grazas a que lle foi concedida á administración local mosense unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, da consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para a acometida de Plans de melloras de camiños municipais nos anos 2023-2024. E con cargo á mesma, Mos levou a cabo a pavimentación nos Camiños de Cerdeiriñas e de Arcal, coa que se optimizou un importante tramo do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio mosense.
Ambos asfaltados sumaron un orzamento total de 61.524,14 euros dos cales a Xunta asumiu, a través da axuda concedida polo Agader, 50.846,40 euros; e o Concello aportou os 10.677,74 euros restantes.
Os representantes municipais, Grandal e Lorenzo, destacaron que “desde o Concello de Mos levamos a cabo cada ano un Plan Anual Municipal de Asfaltados e Mellora da Seguridade Viaria dentro do que se acomete unha media de 20 asfaltados ao ano”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87