PROVINCIA
A Deputación conmemora o 8M baixo o lema “Seguimos con todas e para todas”,
O acto central da programación da institución provincial polo Día Internacional da Muller terá lugar ás 11:00 horas deste venres. A presidenta da Asociación de Empresarias de Galicia, Susana Pérez, lerá o manifesto institucional
O Pazo provincial da Deputación de Pontevedra será o escenario do acto central promovido pola institución provincial para conmemorar o 8M no que actuará Fillas de Cassandra. Será ás 11:00 horas, baixo o lema “Seguimos con todas e para todas”, e nel a presidenta da Asociación de Empresarias de Galicia, Susana Pérez, será a encargada de ler o manifesto institucional.
No acto, que está aberto a toda a cidadanía de Pontevedra, daranse cita ademais do presidente e a responsable de Igualdade, Sandra Bastos, o resto de deputadas e deputados do Goberno, así como traballadoras e traballadores da institución provincial. Tralas intervencións terá lugar un acústico do grupo vigués Fillas de Cassandra, que interpretarán en directo as cancións “As Moiras”, “A veciña do cuarto”, “Antígona” e “Tataravoa”.
Ademais, a xornada do 8 de marzo comezará coas sedes da Deputación en Pontevedra e en Vigo alumeadas de morado, unha iluminación que se acenderá esta noite e que permanecerá ata a mañá do vindeiro luns, 11 de marzo. Por outra banda, os edificios lucirán lonas e paneis deseñados para a ocasión pola ilustradora e ceramista Abi Castillo, cunha imaxe que reflexa a unha muller “empoderada, madura e con amplos brazos para acoller a xeracións presentes e futuras”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40