TURISMO
O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro presenta unha renovada programación
Inclúense novos obradoiros, ‘escape rooms’ e actividades que apostan pola divulgación dixital do patrimonio cultural galego, a muller na Prehistoria e unha homenaxe ao arqueólogo Sobrino Buhigas
O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, deseña para esta primavera unha anovadora e ambiciosa programación trimestral coa que consolidar o éxito de visitantes acadado o pasado ano, achegando o patrimonio a todos os públicos con propostas que integran a aprendizaxe e o lecer.
O título escollido nesta ocasión, Primavera de mouras e artistas, pon o foco nalgunhas das achegas e interacións fundamentais das mulleres na creación do legado patrimonial próximo, tanto material como inmaterial. Polo tanto, a indagación sociolúdica sobre as achegas femininas ao longo da historia formarán parte das actividades, talleres e eventos durante os próximos meses.
Precisamente, este mesmo sábado, 9 de marzo, o centro arrinca coa celebración da II edición de ClicKultural, unha cita que pretende converterse en referente no eido da divulgación patrimonial no noroeste peninsular. Trátase dunha actividade de formación aberta ao público, previa inscrición no formulario da páxina web que ten como obxectivo dar a coñecer e visibilizar algunhas das mellores iniciativas levadas a cabo por persoas e entidades galegas nos eidos da comunicación, a divulgación e posta en valor do patrimonio cultural.
Desta volta, o evento reunirá a sete persoas, con proxectos e puntos de vista diferentes e plenamente orixinais sobre o noso patrimonio cultural. En concreto, ClicKultural contará coa participación de dúas persoas historiadoras da arte e divulgadoras dixitais de primeiro nivel estatal nos eidos da cultura e o patrimonio, como son Eugenia Tenenbaum e Miguel Cajigal El Barroquista, protagonistas dun debate que se promete orixinal, ao estar enfiado coas propias propostas e preguntas achegadas polo público participante.
Ademais, tomarán parte outros profesionais e expertos como Mariña López, que falará de Sereas. As mulleres do mar da fundación FUNDAMAR e FUNPROMAR, un proxecto que ganduxa a relevancia social e patrimonial; as viguesas Leticia e Patricia Pérez, que presentarán Troulanda, unha axenda en liña centrada no turismo cultural efémero de Galicia e o norte de Portugal, ou David Gesteira, que lle achegará ás persoas participantes todos os segredos do recoñecido podcast Descifrando a Historia. Para rematar, incorpóranse a este ClicKultural antropólogos e xornalistas orientados á divulgación de aspectos relacionados co rico patrimonio inmaterial de Galicia, como Lidia Mariño, que achegará a ollada etnográfica mediante o seu relatorio Tras as pegadas da Vella, ou Manuel Rial, xornalista e xestor cultural dixital, que disertará arredor das súas experiencias como xestor de redes en proxectos e institucións relacionadas coa salvagarda, activación e difusión patrimonio cultural de Galicia.
Máis adiante, o 17 de maio celebrará o Día das Letras Galegas lembrando a figura do pai da arte rupestre de Galicia, Ramón Sobrino Buhigas, caracterizado polo guía turístico e divulgador Suso Martínez, que ofrecerá unha visita teatralizada na que se combinará a relevancia cultural e a pertinencia científica co lecer e entretemento propio dunha actividade destas características.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129