Miércoles, 24 de Junio de 2026

Actualizada Martes, 23 de Junio de 2026 a las 20:21:41 horas

Xornal21.es
Viernes, 08 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG critica ao goberno do PP por sumar "preto de 1,7 millóns de euros en facturas impagadas"

Sinalan que o PP aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito no que se inclúen miles de euros en merchandising e varios meses de electricidade

O pleno do Concello de Mos aprobou, cos únicos votos a favor do PP, un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 1.673.485 euros, unha cantidade que se destinará a afrontar débedas pendentes do ano 2023. O BNG amosou a súa oposición ao considerar que este mecanismo de pago, de carácter extraordinario, debería utilizarse esencialmente "ante situacións sobrevidas que non se podían previr nos orzamentos". O portavoz nacionalista, Gustavo Barcia, lamentou que para o PP sexa "unha tradición coma o Nadal" sacar, a principios de ano, "centos de facturas impagadas que estaban no caixón".

 

 

A cifra é, con diferenza, a máis elevada en moito tempo, algo que para o BNG "non resulta casual" nun ano electoral. O recoñecemento extraxudicial de crédito aprobado en marzo de 2023 ascendera a 1,2 millóns de euros e en 2022, a algo máis de 950.000. Nesta ocasión, entre os gastos asumidos que non tiñan respaldo orzamentario hai decenas de facturas do departamento de Vías e Obras,e decenas de miles de euros destinados á produción de merchandising e material como calendarios ou postais de Nadal.

 

Tamén se inclúen, entre os gastos sen ningún tipo de contrato nin respaldo orzamentario, todas as facturas da electricidade de abril a novembro, por un importe de 533.000 euros, e outros 200.000 correspondentes ao departamento de Cultura. Esta última cifra, segundo o portavoz do BNG, resulta especialmente significativa, xa que o orzamento da Concellería para todo o ano ascendía precisamente a 200.000 euros. Isto, en palabras de Barcia, "significa que o PP gastou o dobre do que tiña consignado para todo o ano".

 

O portavoz municipal nacionalista cualifica de "absoluto desastre" a xestión económica do PP e advirte de que "o descontrol das contas municipais podería levar ao Concello a ser intervido polo Ministerio de Facenda". Insiste en que "moitas das 670 facturas presentadas son máis que discutibles" e apunta que, de acordo cos informes técnicos de Intervención, "poderían existir fraccionamentos de contratos, o cal suporía un delito contra a Administración Pública".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.