Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 09 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O GDR Condado Paradanta salienta 
o papel das mulleres como motor económico e social

Dende As Neves, Crecente, Vilasobroso e Ponteareas, Loli, Inma, Lorena e Jana convértense en empresarias e dinamizadoras económicas e sociais, dan unha nova vida a espazos que agardaban volver ser produtivos e atopan no Condado Paradanta o autoemprego como fórmula para unha conciliación familiar e laboral máis doada

O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional das Mulleres, que foi adoptado pola Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas o 16 de decembro de 1977, co obxectivo de eliminar toda forma de discriminación hacia as mulleres, promover o seu empoderamento e conseguir a súa plena participación na sociedade. Consciente da necesidade de reinvindicar o importante papel que sempre desempeñou a muller no mundo rural o GDR Condado Paradanta contempla na súa estratexia de desenvolvemento “Reverdecendo Condado Paradanta” o apoio de iniciativas que visibilicen ás mulleres e dos proxectos que promovan a súa participación e inserción laboral.

 

 

[Img #87480]Jana, Lorena, Loli e Inma son empoderamento, acción e aposta polo rural. Estas catro mulleres son o exemplo de outras moitas que, día tras día, viven no rural; crian aos fillos nas aldeas e deseñan o seu ámbito laboral nalgunha parroquia do Condado Paradanta.

 

Elas decidiron que o ODS 5: “acadar a igualdade de xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas” saíra do papel e se materializara nunha aposta firme polo autoemprego e polo territorio. Todas elas atopan no Condado Paradanta inspiración e os principios dunha filosofía que queren vivir: tranquilidade e calidade de vida cadrando coa estratexia do GDR na importancia de conservar e coñecer os recursos naturais para activalos dun xeito sostible e en harmonía co medio ambiente.

 

Jana  Kadlecova chegou de Eslovaquia hai quince anos e agora lidera unha axencia de viaxes, Bodega Travel; un punto de atención turístico, Visit Condado;o coworking ApartOffice e xestiona un apartamento turístico no centro de Ponteareas. Lorena Durán, da Cantaruxa Maruxa en Vilasobroso, deixou o seu traballo vencellado ao mundo da bioloxía para converter a casa dos seus avós nun aloxamento de turismo rural. Dolores Rodríguez rexenta, xunto ao seu fillo, o Hostal O Cendal en As Neves e Inma Comesaña muda de vida para deixar a cidade polo rural de Crecente e pór en marcha as cabañas na Devesa.

 

Todas elas teñen en común as ganas de emprender, a confianza no territorio do Condado Paradanta e a aposta pola calidade. Da man do GDR conseguiron o certificado de calidade SICTED porque “é indispensable amosar ao mundo que aquí hai calidade. Eu cada ano vou sumando un servizo máis, analizo o que precisan as persoas cando se aloxan no meu apartamento e procuro facer todo o posible para que cando volvan o teñan. Non se pode baixar o listón porque non só prexudica ao noso sector tamén ao resto dos servizos”, explica Jana  Kadlecova. Ao igual que as outras tres está convencida que a materia prima, os recursos do Condado Paradanta, son moitos pero aínda descoñecidos ou infravalorados. Lorena Durán engade que distinguirse a través da calidade tamén axuda na fidelización da clientela e Loli de O Cendal ten seguro que ofrecer calidade é xerar riqueza para a comarca.

 

Pero a pesar do romanticismo que as levou de volta á aldea, como emprendedoras e empresarias non deixan de facer o seu análise DAFO e poñen o foco no que queda por facer. Salientan a necesidade de ofrecer máis actividades para o tempo libre e paquetes pechados nos que a clientela atope un plan xa organizado, tamén consideran que se debería incrementar as tarefas de mantemento de elementos patrimoniais e ter maior consciencia da beleza e riqueza do noso rural. Insisten na necesidade de sumar esforzos e coinciden co GDR en animar ao resto a facer unidade, a traballar en equipo e establecer alianzas para ser máis competitivos, a apostar pola innovación nos servizos e a ofrecer un rural coa esencia dos tempos de antes pero coas comodidades dos tempos actuais.

 

“As mulleres sempre foron un motor no mundo rural e por iso o GDR ten sempre abertas vías de colaboración para ofrecer formación, asesoramento, apoio con fondos como o LEADER e  axuda na tramitación e xestións coas administracións, ademais de acompañamento para que sigan a ser unha parte fundamental da vida no rural”, sinala Paco González, xerente do GDR.

 

Dende As Neves, Crecente, Vilasobroso e Ponteareas, Loli, Inma, Lorena e Jana atopan no Condado Paradanta o autoemprego como fórmula para unha conciliación familiar e laboral máis doada; convértense, á vez, en empresarias e dinamizadoras económicas e sociais e dan unha nova vida a espazos que agardaban volver ser produtivos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.