Miércoles, 24 de Junio de 2026

Actualizada Martes, 23 de Junio de 2026 a las 20:21:41 horas

Xornal21.es
Sábado, 09 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Presente, pasado e futuro da muller en Mos para conmemorar o 8M

O Día da Muller, adicado este ano ás mulleres da historia mosense, centrouse onte, 8 de marzo, no debate sobre ‘Muller e liderado’

O Concello de Mos conmemorou onte o 8M no Pazo de Mos coa mesa ‘Muller e liderado’ protagonizada por mulleres que están en postos e responsabilidade en empresas afincadas en Mos, e que xeran emprego no municipio e que   se tiveron que abrir paso en sectores laboráis e empresariais maioritariamente masculinos.

 

 

Elas son Águeda González, xerente de Tormeal, S.L., Arancha Mañas, CEO de PMA NUTRIGAS, Begoña Pérez, xerente de Cartonajes Pérez e Carolina González, Directora Financieira de Bimba & Lola. A mesa estivo moderada pola consultora e ex directora do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos, Ana Concheiro.

 

No acto estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro mosense de Igualdade, Leo Costas, demais integrantes do goberno e Corporación municipais, membros da directiva de AEMOS, e membros do CIM de Mos, posto que o Centro de Información á Muller mosense foi o encargado de organizar o evento.

 

A rexedora local aportou na súa intervención a súa experiencia como alcaldesa e senadora, e tamén deputada noutro tempo, polo que coñece de primeira man o binomio muller e liderado. Así mesmo Arévalo tamén declarou que “hoxe quero lembrar ás mulleres da historia mosense ás que lles dedicamos este ano o 8M en Mos baixo o lema ‘unha ollada ao pasado’. Ás nosas nais, avoas e bisavoas…, leiteiras, costureiras, traballadoras do campo… exemplo inspirador, pioneiras que nos abriron camiño. Un camiño que non foi fácil, xa que elas loitaron antes para a incorporación da muller ao mundo laboral, e a mellora dos dereitos  laborais das mulleres”.

 

Ademais a alcaldesa salientou que “afortunadamente a sociedade ten avanzado moito nos últimos 40 anos, cada vez é maior é a presenza das mulleres na empresa, en cargos de responsabilidade, en cargos políticos… pero queda moito camiño por andar… Séguese producindo unha gran desigualdade entre homes e mulleres, por iso poño o obxectivo nun horizonte onde a igualdade sexa real e efectiva”.

 

Cea da Muller con máis de 400 asistentes

A seguinte parada dentro da programación municipal conmemorativa do Día da Muller en Mos será mañá sábado, 9 de marzo, na popular Cea da Muller, que dará comezo ás 21:30h no Pavillón Óscar Pereiro.

 

A velada feminina xa é un referente no Concello de Mos e incluso no sur da provincia. Tratarase dun encontro multitudinario de mulleres con máis de 400 inscritas, ao que asistirán ademáis da alcaldesa e concelleiras mosenses, Nidia Arévalo, Feli Rodríguez, Julia Loureiro, Sara Cebreiro e Laura Méndez; a conselleira de Emprego e Igualdade, Elena Rivó, Sandra Bastos, deputada de Igualdade da Deputación de Pontevedra, demais deputadas provinciais, Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas, outras mulleres corporativas municipais de Concellos veciños, etc. O acto contará coa animación e actuación en directo doutra muller, a Dj Chus Lestayo. E por suposto non faltará o baile.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.