SALCEDA DE CASELAS
O PP reclama que a humanización da rúa Coruña non supoña a perda de 35 prazas de aparcamento
O voceiro popular, Santi Davila, reitera o seu rexeitamento á proposta do goberno local, que tamén ten en contra ao BNG, xa que elimina o 80% do espazo de estacionamento nesta rúa
O grupo municipal do PP de Salceda de Caselas vén de explicar que o seu apoio á humanización da rúa Coruña, que o goberno local pretende acometer cunha axuda do Plan Ágora da Deputación de Pontevedra, está condicionada a que se proxecte sen a perda de 35 prazas de aparcamento.
O voceiro municipal, Santi Davila, reiterou o rexeitamento do PP local a esta iniciativa, que non saíu adiante no pleno xa que tamén o BNG emitíu o seu voto en contra, xa que elimina o 80% do espazo de estacionamento nesta contorna “e é algo que cremos que o casco urbano de Salceda non se pode permitir, xa que afectaría gravemente ao comercio e aos veciños”.
Ao respecto, o concelleiro popular detallou que o proxecto do goberno de MS contempla a supresión de 35 das 46 prazas na rúa Coruña e case outras tantas en Rafael Tilve e rúa Ador, nas inmediacións da escola infantil A Galiña Azul, noutro proxecto que xa está aprobado, “en total eliminaríanse máis de 70 prazas en todo ese ámbito das rúas Coruña, Rafael Tilve e Ador, onde son moitos os comercios e equipamentos como a Galiña Azul”.
Segundo explicou Davila, a configuración desta zona de Salceda “permite humanizar e gañar espazo público para os peóns sen ter que eliminar tantas prazas de aparcamento porque hai superficie suficiente e non podemos seguir afondando nesta política que xa se vai ver agravada pola perda de todo o estacionamento na rúa Ador onde hai comercio e a escola infantil, e quedando únicamente 6 prazas na rúa Rafael Tilve entre o Charango e Sanfer”.
“O PP de Salceda está sempre a prol de facer que a nosa vila sexa máis amable e máis confortable pensando na xente, pero as humanizacións teñen que ser unha solución, non un xerador de problemas, e hai que facelas con sentidiño, sobre todo naquelas zonas nas que, polas súas dimensións, é posible gañar espazo público e acometer accións de embelecemento sen prexudicar á mobilidade”, sinalou o voceiro popular.
Por elo, Davila reclamoulle á alcaldesa que “deixe de terxiversar” sobre os posicionamentos políticos da oposición, xa que “o feito de que proxectos non saian adiante se debe exclusivamente a que está nunha minoría moi absoluta, non negocia nen acepta propostas dos demais grupos e pretende acometer iniciativas que son caprichos e que van contra o interese xeral dos salcedenses”.
O Grupo Popular propón mellorar moitas rúas sen a necesidade de gastar tantos miles de euros en cada actuación, que ben se poden repartir para investir, según manifesta, en “saneamento ou mellorar máis zonas do casco urbano e mesmo nas parroquias, tan necesitadas de mantemento dos seus camiños e estradas, ou en equipamentos deportivos, amortizar débeda e pagar moito antes os provedores, por decir algúns exemplos”, recalcan e propoñen dende o Grupo maioritario da Corporación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141